Opinión

Pontevedra é boa vila

Aagresión a Mariano Rajoy por un tolo desequilibrado foi un feito deleznable. Foi condenado por todos os ben nacidos. Mais a min lembroume que vai facer corenta anos que a extrema dereita española, francesa, arxentina e italiana, masacrounos aos carlistas no Montejurra de 1976 con patente de corso. Asasinaron a dous compañeiros e feriron a varios máis. Canto teríamos agradecido que a incipiente democracia nos respaldara coa súa condena! Pero non foi así.

Máis que a agresión de Rajoy, a quen esto escribe doelle máis que media ducia de señoras aplaudira ao descerebrado cando a policía o metía no coche pra o levar preso. Pero home, habendo salvado que estes coman trigo!

“Pontevedra é boa vila, dá de comer a quen pasa. / Fonte da Ferrería e San Bartolomé na Praza”. Pontevedra e mailas súas xentes deron exemplo de galeguidade e civismo: por iso é boa vila…

Te puede interesar