Opinión

Rosendo, o bispo imberbe

Gábome, e perdoen e inmodestia, de ser quen leva escrito máis artigos e escritos, máis de medio cento, sobor do Santo e Caudillo de Galicia, o noso San Rosendo. Que foi bispo cando somentes tiña dezaoito anos.

Como escribiu dona Mª José Iglesias Vázquez, a grande escultora, como bispo foi “animador y custodio de la fe, al mismo tiempo que una autoridad civil y militar bajo directrices de la monarquía astur-leonesa, familia a la que él mismo pertenecía. Por eso no es de extrañar que el rey Ordoño III le encargase el gobierno y la defensa de Galicia”. De eí que eu o chegara a bautizar como Santo e Caudillo de Galicia.

Vai chegar o 3 de marzal e haberá que se achegar á Celanova milenaria, pra coa medalla pendurada do pescozo como cofrade do Santo, entoar de novo: “Meu corazón Celavella / tes as paredes hedrosas / rompendo a brilar estrelas / relampos de Celanova…”

Dende a miña fe pequena teño a San Rosendo nun lugar do meu corazón de galego, que presumo de selo eiquí e acolá. Cando fumos despreciados polas Españas (“Gallego si no lo haces”), perante un tempo non tan lonxano. Agora xa ninguén nos desprecia por ser galegos de nación.

Haberá, un ano máis e se Deus non o impide, que achegarse a esa vila onde polas Marzas sopra un vento do Vieiro: “Celanova ten un vento, / Celanova un vento ten. / Un vento peleriñante, / un vento que vai e ven”. E xantar con Gregorio Álvarez Medela, que fora alcalde desa vila fermosa, e que preside as Terras de Celanova. E con amigos que compartirán mesa e mantel. Logo de saúdar a don César Iglesias, o párroco que xa leva tempo anclado fronte esa fermosa praza que preside o grande mosteiro. E que a ninguén se lle ocurra beber da auga fonte do norte, que di a lenda que pon tolos/as as xentes.

Ata o día 3 de marzal: “A lúa inxerta no ar / craveles de arrecendo…”, e porse de xeonllos ante o Santo e Caudillo de Galicia, que agarda a Resurrección dos mortos, que é dogma, onde sairon poetas dos que tamén se honra Galicia: Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, e Xosé Luis Méndez Ferrín, que inda vive pra manter aceso o lume de Galicia. Dos que amamos á Nosa Terra, que non morrerá mentres o Universo exista.

Te puede interesar