Opinión

Pan por pan

García Márquez A avoa do nobel. A Xunta de Galicia vén de publicar unha interesante colección de libros, titulada ‘Miradas Alleas’, sobre as relacións con Galicia dalgúns dos máis grandes escritores do mundo. Velaí o caso de ‘A Galicia máxica de García Márquez’, do que se ocupa con xeito o xornalista Carlos G. Reigosa. Nun coñecido artigo en ‘El País’, titulado ‘Viendo llover en Galicia’, o Nobel colombiano deixou pegada dunha serie de referencias galegas (a beleza de Santiago, a chuvia e os poetas, Cunqueiro, a arte de comer, etc.) e do mito da súa avoa de posible ascendencia galega, que sería moi relevante no seu xeito de contar e na conciencia das complexas relacións entre a realidade e a fantasía que marcan os seus libros. No volumne de Reigosa non se desatan os nós do misterio, pero a viaxe resulta agradable. ‘Que investiguen’, seica dixo o escritor ó respecto da súa avoa de orixes galegas. O tema queda pois aberto.

Te puede interesar