Opinión

PAN POR PAN

Cortázar. Outro dos volumes da colección Miradas Alleas ocúpase de Julio Cortázar e Aurora Bernárdez, baixo o título ‘Un (re)encontro con Galicia’. Sobre as relacións de Cortázar con Galicia xa escribiran Fernando Salgado e Francisco X. Fernández Naval. Neste volume fano Fernando Salgado, Nélida Piñón, Rocío San Claudio Santa Cruz e Camilo Franco, que entrevista a Francisco Porrúa, o editor galego do mestre arxentino. O volume está cheo de datos sobre o Cortázar ‘destetado’ como escritor polos exiliados galegos, Seoane, Lorenzo Varela, Dieste e Arturo Cuadrado. Tamén sobre as súas viaxes a Galicia e as cartas que as des criben: fermosísima esa imaxe en que o mestre di descubrir o misterio dos cancioneiros ó pé do pai Miño. Todo o libro é ademais unha homenaxe ben merecida a Aurora Bernárdez, filla de masidaos e tan xenerosa co país. As imaxes publicadas fan do volume unha xoia para todos os cronopios do mundo.



Te puede interesar