Opinión

PAN POR PAN

Pasou o que pasou. É certo que esta foi a campaña máis sucia da historia da democracia en Galicia. É evidente que a dereita mediática, en Madrid e na Coruña, queimou as naves para chegar a isto. Pero o goberno bipartito non fracasou por isto. Os responsables socialistas e nacionalistas teñen que reflexionar. E escoitar a sociedade civil. Outras voces, non eses dirixentes, si se decataron do desencanto de boa parte das bases sociais socialistas e nacionalistas, do impacto da crise fronte a unha administración distante, da incomprensión dunha xestión dual a costas do socio de goberno. O peor do conto, para a xente de esquerda, é ter que aturar agora as interpretacións dos tertulianos das televisións. Onte mesmo, Fernando Onega dicía que o PP en Galicia é algo así como un Partido Galeguista. Non sei se se refire ó mesmo partido que hai dúas semanas apoiaba cos seus cargos políticos unha manifestación contra a normalización do galego.

Te puede interesar