Opinión

Case imposible

Por algo dixo o poeta andaluz, en metáfora feliz, que o futuro gusta de vestir roupaxes brancas. E non lle falta razón ó poeta. Porque, das certezas do futuro, todo está por escribir. ¡Cantos vaticinios fracasados ó longo da historia...! Agora ben, e aínda admitindo a posibilidade de erro, hai situacións que, por inimaxinables, nunca (ou case nunca) chegarán a producirse. ¿Como imaxinar que poidan chegar a ser realidade noticias e situacións como as que transcribo aquí?

Compráceme comunicarlles que nos próximos días os antigos directivos das caixas de aforros farán un anuncio, de tal magnitude, que non deixará indiferente a ninguén. Anuncio no que admitirán a súa responsabilidade na ruína das caixas, así como as desorbitadas remuneracións que, sen merecelo, se asignaran. Comprometéndose a devolverlle á sociedade uns diñeiros que non lles permiten conciliar o sono, e lles abrasan as mans.

Esta tarde, en consonancia coa festividade do día, o señor Rajoy (que, como saben, é de orixe galego) dirixirase ós seus paisanos galegos en idioma galego. Ignoramos cal vai ser a súa mensaxe. Pero si sabemos que durante un minuto falaralles ós galegos en idioma galego. Si, si, en idioma galego. ¡Que si!

Segundo declarou o presidente do Goberno a pasada noite, no ano que agora remata (2027) España conseguiu, por fin, acabar coa praga da corrupción. Unha noticia moi ben acollida en todo o mundo, como así o poñen de manifesto os milleiros de felicitacións que está a recibir ó noso país.

Logo de varias reunións nas que participaron as máximas autoridades dos concellos de Vigo, de Santiago e da Coruña, una vez liberados de localismos e tan só mirando polos intereses da nosa Comunidade, tomaron a decisión de proporlle ó ministerio correspondente o nome do único aeroporto que, en adiante, funcione en Galicia.

Cuando aún faltan algo más de dos años para que remate el siglo XXI, en cuestión de empleo hemos conseguido el objetivo de aproximarnos a la media europea. Y ya estamos dejando atrás a países punteros.

Polo que se está a comentar nas redes sociais, o próximo mércores o señor Vázquez faralles ós seus compañeiros de tertulia radiofónica a seguinte advertencia: Les ruego a ustedes que, en adelante, no se dirijan a mi diciéndome ‘embajador’, pues yo, ni ocupo embajada ni pertenezco a la carrera diplomática. Etcétera, etcétera.Y hablo muy de veras. Que ya empiezo a estar mosqueao (sí, mosqueao) por la burla de tal peloteo.

Te puede interesar