Opinión

A competividade de Galicia

O Índice de Competitividade Rexional da Unión Europea recentemente publicado por esta institución permite ter unha visión actual de como se posiciona Galicia a escala europea.   Este exercicio de comparación con outros territorios semellantes é certamente de interese, sobre todo se afondamos na información proporcionada.  En concreto, xunto co indicador global, é posible ter información dun total de once magnitudes máis a través das cales se avalía a capacidade dunha rexión para ofrecer unha contorna atractiva tanto para os seus residentes como para as empresas. 

¿Cál é a situación de Galicia con respecto ao resto de rexións europeas? Pois as autoridades comunitarias sitúan á nosa Comunidade no posto 161 de 263, o que supón estar por baixo da media.  Quere isto dicir que a competitividade galega fica alonxada xa non só dos principiais referentes rexionais europeos senón tamén doutras comunidades españolas con niveles moi superiores.  Neste grupo de rexións que se atopan por riba cómpre mencionar non só ás tradicionais de Madrid, País Vasco ou Cataluña senón que albíscanse outras como Navarra, Cantabria ou Aragón.

Aínda máis importante que o indicador global, é a información dos indicadores parciais posto que identifican as principais fortalezas e debilidades de cada territorio.  No caso galego, a diagnose desta análise parcial resulta certamente reveladora.  Así pois, a mellor puntuación de Galicia dáse no eido da saúde namentres que o peor é no tocante ás infraestruturas.  Nomeadamente, no primeiro caso sitúase nun meritorio posto 86 fronte ao número 200 no que se ubica cando se analiza exclusivamente a dotación infraestrutural.

Outro aspecto importante descansa en ver cal ten sido a evolución ao longo do tempo.  Para isto podemos valernos do anterior cálculo do Índice que foi no ano 2013.  Da comparación con esta data podemos concluír nunha estabilidade rexional da nosa competitividade posto que o avance foi so dun posto (ocupaba o posto 162).  Non obstante, isto pode ser contemplado en termos relativos como un bo sinal posto que outras comunidades como A Rioxa, Valencia ou Murcia sufriron salientables caídas na clasificación.

Dito todo isto o seguinte que nos podemos preguntar é para que sirve, ou como podemos utilizar esta información.  Pois a resposta está clara en descansa sobre dous piares.  O primeiro deles serve para identificar rexións próximas á nosa que poden servir como referentes á hora de incrementar a competitividade rexional e, por ende, o benestar social e económico.  O segundo, para comezar a deseñar unha folla de ruta sobre as auténticas feblezas (o tema das infraestruturas debería dar para pensar) e a necesidade de reforzar as nosas fortalezas facendo delas unha punta de lanza da nosa planificación estratéxica e económica.

Te puede interesar