Opinión

Unha ollada aos indicadores de emprego

Nada ten máis importancia para a conxuntura económica dun territorio que a evolución do seu mercado laboral, isto é, a situación do emprego da poboación. Así pois, a data de hoxe, cando se bota unha ollada á tendencia dos seus principais indicadores e magnitudes pódese observar un certo dinamismo econó- mico que nos permite albiscar certas esperanzas en canto ao futuro.

Esta evolución favorable ref líctese na evolución do mercado de traballo, atendendo tanto ao incremento da ocupación ocupada como, especialmente, ao descenso da poboación desocupada. Nembargantes, coma sempre acontece nas análises económicas, cando se afonda máis polo miúdo nos datos xorden aspectos negativos que é necesario ter presente. Cómpre, logo, adicarlle un pouco de tempo a ref lexionar sobre o que hai detrás dos datos laborais para ter unha idea axeitada dos mellores sinais que nos proporciona o mercado de traballo e tamén dos aspectos que seguen amosando claras debilidades.

Polo lado positivo, a característica máis salientable vén dada pola consolidación das tendencias favorables recollidas en tódalas fontes dispoñibles (EPA, Paro Rexistrado ou Seguridade Social) que son especialmente remarcables no que ao descenso da taxa de paro se refire. Non só iso, senón que por fin se pode comprobar como unha das franxas de poboación con maiores dificultades como é os pardos de longa duración rachan unha tendencia crecente que comezaba a dar sinal de alarma. Pola contra, hai dúas circunstancias que non nos permiten ser todo o optimistas que quixésemos. Trátanse estas da comparativa con outras comunidades ou provincias en canto á evolución da súa poboación ocupada e, fundamentalmente, da evolución da poboación activa que continúa a diminuír.

Este último punto pon de manifesto a principal diferenza (negativa neste caso) fronte á nosa contorna, que evidencia que cada vez hai menos xente en idade e en condicións de traballar. Ademais, resulta preocupante este claro descenso polo feito de que ten unha das súas orixes, aínda que non única, no desprazamento de poboación cara a fóra que xa nalgún ámbito é denominado como "nova emigración". Igualmente, como a poboación activa é a referencia para os principais indicadores do mercado laboral, prodúcese unha clara distorsión das ratios que se calculan, que é necesario ter en conta para non extraer conclusións erradas.

En definitiva, o momento actual permite ser optimistas sempre e cando se teña en conta das debilidades que existen e que poden con- dicionar a súa evolución máis inmediata. 

Te puede interesar