Opinión

Ourense-Barbadás

Ogallá a vindeira tempada poidamos ver en carteleira o anuncio deste apaixoante encontro de fútbol na estrea da 3ª RFEF. Serán boas novas, tanto para a Unión Deportiva Ourense e Ourense CF coma para a UD Barbadás, xa que dese xeito os tres conxuntos conseguirán os seus obxectivos. Durante seis anos, o conxunto presidido por José Manuel Fernández ostentou a distinción de ser o primeiro clube da provincia. Unha condición que asumíu de forma simple, sen notoriedade, manténdose incluso ó marxe cando se desputaba a herdanza do histórico CD Ourense, apartándose a un lado naqueles momentos de tensión nos que se decidía o uso e disfrute do estadio do Couto. O Barbadás sempre foi un clube humilde, formado por directivos traballadores, capitaneados por una persoa intelixente e formada que vive con delirio este deporte. Os Carrís é un lugar onde as persoas son o máis importante, unha praza na que a palabra ten máis efecto que calquera sinatura ante notario.  

Estes días estase a falar da posibilidade de que sexa a Policía Nacional o Corpo de Seguridade que opere en Barbadás. Esta posibilidade brindaría a ocasión de que os vecinos da Avenida de Celanova tivesen a mesma resposta ca que contan os cidadáns de Marcelo Macías, ante a prevención ou investigación dun feito delictivo. O tempo de reacción tras un requerimento ó 091 segue situándose arredor do 4 minutos, posicionando o servizo, a pesares da improvisación do traslado da Sala de Ourense a Coruña, nuns estándares altos de calidade.

A Policía Nacional conta en Ourense con 200 axentes, organizándose nas Brigadas Provinciais de Seguridade Cidadá, Información, Científica, Estranxeiría e Xudicial. A Comisaría dispón dun gran potencial humano, persoal experimentado e formado, capaz de prestar un servizo integral, pondendo conectar certos feitos delictivos con independencia de que se perpetren a un lado ou a outro da N-525. De levarse a cabo esta medida, precisaríase a dotación duns 30 policías máis no Catálogo de Postos de Traballo para que non se vise debilitado ningún servizo. A Avenida de Celanova é unha extensión natural de Ourense. Son moitos os cidadáns que viven nunha localidade e traballan noutra. Os interesen son comúns e a Seguridade Cidadá é un pliar que non apreciamos ata que comezamos a sentir a delincuencia ó noso carón. 
Ao igual que pasou no mundo do fútbol, Barbadás tentará acadar o mellor resultado para os seus, sen protagonismos e sen disputas.

Te puede interesar