Opinión

Neurotecnoloxía e protección de datos

A tecnoloxía avanza e evoluciona constantemente e, un deses avances son os dispositivos electrónicos que, conectados ao corpo humano, monitorizan a actividade cerebral. Nun principio estes dispositivos creáronse para axudar a persoas con mobilidade reducida, dificultades para falar ou con dificultades auditivas, pero co paso do tempo tamén se centraron no entretemento; todo isto pertence ao grupo coñecido como Internet of Things (IoT).

A interacción entre o cerebro e os dispositivos electrónicos realízase a través de interfaces cerebro-computadora ou BCI (Brain Computer Interface). A información do cerebro é recollida por estes dispositivos, que a interpretan e traducen ao ordenador grazas a un software especialmente creado para elo.

A tecnoloxía BCI permite rexistrar a actividade xerada polo cerebro. As ondas cerebrais rexistradas por un BCI, unha vez procesadas e decodificadas, tradúcense en datos fisiolóxicos. Esta actividade dependerá tanto de factores internos do individuo, como a idade, o sexo ou as patoloxías, como tamén de factores externos, ambientais ou estímulos que actúen con base xenética.

Esta recopilación de neurodatos ou datos neurolóxicos, asociados a unha persoa identificada ou identificable, constitúen datos persoais. Está comprobado cientificamente que o cerebro humano ten certas características que dependen de factores xenéticos, biolóxicos ou ambientais que permiten identificalo mediante a anatomía cerebral, o que se coñece como huella cerebral. O cerebro é único en cada persoa e contén información tanto coñecida pola propia persoa como tamén a que non é coñecida ou controlable, como pensamentos, comportamentos ou personalidade. 

Toda esta información contida no cerebro pode ser utilizada con fins preditivos para detectar enfermidades, trastornos psiquiátricos ou psicolóxicos, predicir comportamentos ou características da personalidade do individuo. Ademais, a través da mesma interface, non só é posible predicir, senón tamén xerar estímulos neurolóxicos que alteran a actividade cerebral e modifican o comportamento da persoa, tanto a curto como a longo prazo.

Deste xeito, esta tecnoloxía ten o potencial de afectar non só á nosa privacidade, senón tamén aos dereitos fundamentais vinculados a ela, como a liberdade de pensamento, a liberdade de expresión, a integridade corporal, a personalidade ou a dignidade das persoas, entre outros.

Os datos cerebrais comparten, xunto cos datos xenéticos, determinadas características, considerando estes últimos datos especialmente protexidos polo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), polo que os neurodatos poderían clasificarse entón como un tratamento de categorías especiais de datos persoais.

Te puede interesar