Opinión

A esmorga

Ourense está de noraboa. O vindeiro mes de novembro, concretamente o sábado 15 -no 19o Festival de Cine In- ternacional de Ourense-, estréase o filme de Ignacio Vi- lar "A esmorga". Un auténtico reto para o cineasta valdeorrés, pois levar á gran pantalla unha obra literaria, coma esta do ourensán Blanco Amor (1897-1979), sempre implica un risco. A esperábel e pesada comparación do filme coa novela pode intimidar un pouco, mais, que sería a vida sen afrontar, de cando en vez, al- gún risco? En todo caso, malia non tela visto aínda e sendo cons- ciente do ambicioso da proposta, confío neste proxecto de Vilar.

Aí está a sabia elección dos actores. Morris, un animal da es- cena teatral e moi bo actor de cinema -Los lunes al sol, Prince- sas, Os fenómenos-, o coñecido Miguel de Lira -No habrá paz para los malvados, Somos gente honrada, La noche que dejó de llover- e Karra Elejalde -También la lluvia, La madre muerta, Acción mutante ou Biutiful-, moi popular pola xa famosa co- media 8 apellidos vascos, que arrasou nas taquillas nos últimos meses. Amais deste elenco de actores, o filme conta co consello do escritor Víctor Freixanes (Pontevedra, 1951), bo coñecedor da literatura galega, e co seu apoio en calidade de produtor exe- cutivo, así é que a peli faise, sen dúbida, aínda máis tentadora.

Tendo conta disto, é doado deducir que, para Ignacio Vilar (Pe- tín, 1951), moi recoñecido polos seus documentais -Polisóns e Un bosque de música- "A esmorga" se converte, certamente, no seu proxecto de ficción máis ambicioso. Atrás quedan Ilegal - Men- ción Especial á Dirección no apartado Óperas Primas, Sección Oficial Novos Realizadores, da VII Primavera Cinematográfica de Lorca- Pradolongo e Vilamor. A expectación está pois servi- da. Queremos ver.

Queremos saber como afrontou esta obra o valdeorrés por dúas razóns evidentes: gustounos moito a novela e amamos o cine. Daquela, estaremos pendentes, e, de non poder asistir á estrea no Festival de Cine de Ourense, acudiremos sen falta ás salas comer- ciais o venres 21 de novembro, ou, mellor aínda, ao Teatro Prin- cipal de Compostela, onde ten lugar outro interesante Festival, Cineuropa, polo que, supoño, tamén pasará Vilar con esta fita.

Até ese día, teremos que conformarnos coas noticias que apa- rezan na prensa, amais de nos pasar pola web, para curiosear un pouco. Por todo isto, insisto, noraboa á cidadanía ourensá polo privilexio de poder ver o primeiro pase da peli. Imaxino que o profesorado de galego transmitirá a boa nova ao alumnado con entusiasmo. Que menos! 

Te puede interesar