Opinión

Poesía impagábel

Hai nalgúns poemas versos que nos atrapan e fican para sempre con nós. Unha vez afirmado isto, haberá quen pense en voces consideradas excelsas pola crítica, desas que figuran nos libros de texto que se estudan nas aulas de literatura ou das que escoitamos en actos formais nos que se presenta algún poemario. E podería ser que así fose. Non direi eu que non. No entanto, ás veces sucede algo que é ben máis interesante como atopar un texto impagábel inesperadamente, porque a sorpresa importa xa que a recibimos coma un agasallo. Porei algúns exemplos desta denominada “serendipia”.

A primeira, vivina moi recentemente. Foi no mes de novembro. Estaba eu a ler Soños. Arquivos. Cartas -o último libro de poemas de MDC, que, por certo, me encantou-, cando, ao chegar á páxina 52, atopei uns versos conmovedores. Cito dous deles: “Mi nombre se muere de hambre cuando tú lo pronuncias”, “Mirar es pisar huesos”. A verdade é que lelos no medio dos textos de María era algo co que non contaba, así é que desfrutei enormemente da sorpresa, pola capacidade evocadora que posúen. 

Ata onde puiden saber, ambos os dous versos foron escritos por un exalumno da poeta, do que ignoro o nome. Segundo ela mesma explicou este rapaz achegouse a ela para amosarlle o escrito, porque non se sentía seguro. A poeta, máis afeita á actitudes intereseiras -como a de pretender que se lle abra o camiño á publicación-, explicounos, nun encontro que tivemos con ela no centro no que traballo, que a pureza do mozo foi tal que quedou prendada. Non só do talento evidente que se observa xa neses dous breves fragmentos, mais da persoa ante a que estaba.

Entendo que este encontro foi tamén unha “serendipia” para MDC e por esa razón decidiu incluír no medio do seu texto as palabras deste alumno. Persoalmente, agardo que algún día o xove en cuestión se decida e consiga poñer nun libro todas as súas exquisiteces, porque, se non corrompe con cinismo a franqueza natural que se pode inferir dos devanditos versos, conseguirá que vibremos ao ritmo do que nos ofreza. E ata aquí, a primeira “serendipia”, mais, como inquei máis arriba, tiven outra uns anos antes que me conmoveu aínda máis. Foi no 2015, cando, casualmente, descubrín unha voz brutal, habitual dos Poetry Slam. Refírome á de Marçal Font Espí, un poeta catalán impresionante que me deixou sen palabras co seu poema “Huír”. E esta si que foi unha serendipia con todas as letras, porque apareceu no youtube do meu ordenador cando andaba a buscar algo que nada tiña que ver coa poesía. Marçal é un atleta mental, un ser vibrante que engancha. A min inspiroume. 

Escoitei “Huír” un cento de veces e non me arrepinto. É máis, seguín as consignas ao pé da letra. Recollo aquí un fragmento deste texto descomunal, para desfrute de quen lea isto. “(…)  Huír. De quien teme amor, de quien avergüenza amor, de quien burla amor, de quien, amor, aquella maravillosa putada, rinde tributo en rituales huecos, frases hechas, flores por encargo y cuernos de puta triste (...) Que sólo amor mata amor y todo lo demás es mamoneo, envoltorio y tapa. Huír para no quedarse quieto, para crecer y no estancarse, para no ser pestilento y traicionar al tiempo achicando territorios hasta quedar sólo en yo, chiquito, nimio, estático y colapsado, como una bici sin pedales. Huír. Lejos. Más allá de mares de dudas, travesías  del desierto, montes de venus, cuevas del tesoro (…) Huír. Lejos, hacia la boca del lobo, hacia el lienzo en negro, hacia lo que no todavía, pero quizás más tarde,  hacia la sima oscura, profunda sin vértigo del misterio. Huír en un salto abisal huír por huír, para ser y no estar (…) para ensanchar el mundo y engullir abismos en caída voraz hacia lo hondo, hacia el orgasmo y la herida, hacia el cielo en agua y la sangre en llamas. Huír, como si quemara la sombra. Huír.” Aí queda iso.

Te puede interesar