Opinión

O CAMBIO DA ESPERANZA

O titular de portada de 'La Región', na xornada electoral do 20-N, non deixaba lugar a dúbidas facendo un diagnóstico certeiro: 'España elige hoy al presidente que deberá rescatarla de la crisis'. Efectivamente, España, Galicia e Ourense, unánimemente os españois, manifestáronse nas urnas baixo un clamor común: necesidade dun cambio de rumbo político que afronte a difícil e complexa situación na que se atopa España, tanto na vertente política como económica e laboral, que nos deixa o goberno socialista despois de case oito anos. Máis que en ningunha outra cita electoral, nesta ocasión os españois votaron cambio baseado na esperanza, ilusión e futuro; un futuro que semella non vai ser un regalo, senón unha conquista o máis consensuada posible entre todos os españois tras unha campaña liderada por Rajoy lonxe da crispación e centrada en crear ilusión e confianza.


Os resultados das urnas mostran un reflexo do pálpito social que se viña transpirando, mediante un cambio sen paliativos. E os ourensáns tamén amosaron a preocupación, otorgando a confianza ao PP, converténdose Ourense unha vez máis nunha das provincias con maior e forte apoio. E se confirma, ao través das urnas, unha conclusión evidente: os mesmos que nos meteron na disxuntiva política actual de crise ?e mesmo que a negaron durante dous anos-, paro, recortes sociais ?conxelación de pensións, diminución soldo dos empregados públicos e da aportación ás comunidades autónomas para dependencia, copago en forma de retraso de dous anos na idade de xubilación-, non poden ser a solución da situación que xeraron.


Diante desta situación, os españois tiñamos dúas opcións neste 20-N: seguir igual ou cambiar. Pero non podíamos resignarnos a sumar máis desempregados e aumentar o 45% do paro xuvenil: a resignación é un suicidio cotián. España é un país de xente responsable, e esa mesma responsabilidade levounos a cambiar o estado de decepción, descrédito e malestar por un estado de esperanza, confianza a través dunha xestión económica responsable dun futuro goberno popular. O resultado do 20-N esixe un goberno que saiba xestionar para todos e pilotar este país. A economía nacional pasou de transitar polas autopistas de alta capacidade a circular por estradas secundarias, tralos case oito anos de goberno socialista.


¡Pero non hai tempo para ver polo retrovisor! É o momento de que, ca confianza otorgada ao PP, un novo goberno se poña ao fronte. Rajoy, xunto co equipo que el decida, terá que construír sólidos cimentos da recuperación económica para crear emprego, a mellor política social é unha prioridade reivindicada maioritariamente pola sociedade española e da que o PP tomou boa nota. O cambio en España, para levar a cabo estas e outras transformacións, é unha necesidade, e o sentiron así incluso os que non coinciden plenamente co proxecto do PP. Fanse necesarias respostas cribles aos problemas reais da xente, por parte dun goberno serio, responsable e forte no que os cidadáns poidan confiar.


Os españois acaban de pronunciarse no senso de buscar soluciones aos problemas e non problemas ás solucións. Ou dito de outra maneira, citando unha frase de Lope de Vega: 'Quiero mudar de estilo y de razones'. Paradóxicamente, esta declaración de intencións foi feita polo mesmo Zapatero ao principio do seu mandato; aínda que, para desgraza dos españois, as solucións en forma de reformas necesarias e a tempo foron tardías e incompletas. Agora toca axiña traballar xuntos, e sumando esforzos sacar a España adiante. ¡Rescatar o valor da responsabilidade democrática!

Te puede interesar