Opinión

A CHORRADA DA 'PRESCRIPCIÓN SUPERFLUA'

Mal, moi mal, deben estar as representativas cabezas político-institucionais da sociedade civil, cando non só aportan solucións obvias diante de temas transcendentais ? polo obvias que son, caen en insultos-, senón que poñen no entredito profesional aos propios colegas. No quixera para min que estes políticos portadores de solucións obvias, sexan precisamente os representativos dos colectivos aos que pertencen. Políticos que tras quedarse fóra dunha proposta parlamentaria, que busca racionalizar para facer máis eficiente a pescripción farmacéutica, agora nos saen cunha inxeniosa solución: 'El PSdeG insta a reducir la prescripción superflua para bajar el gasto farmacéutico'.


¡Agora xa calquera medida pode chegar a ser unha solución! ¿O resultado?: un insulto a intelixencia humana, aos políticos e, o que é máis grave e indecente, aos médicos e sanitarios; pois dicirlles que, xa que prescriben superfluidades, abstéñanse e ¡asunto resolto!, parece a diagnose de Perogrullo. Nin catálogo propio de medicamentos, nin prescrición eficiente, nin exclusión de ningún principio activo, nin ter en conta as sociedades científicas?, nin farrapo de gaitas. Para os socialistas basta unha recomendación de combate á 'prescrición superflua', xa que para os progres debe ser tanta que, con reducila, ¡acabouse o debate!


Pregúntame un amigo médico: '¿Acaso los médicos prescribimos fármacos innecesarios? ¿Lo hemos hecho siempre así? ¿Por qué no se quejaron entonces cuando gobernaron la Xunta y la Consellería de Sanidade era del PSOE? Otro ejemplo de incompetencia política? la culpa, como siempre, la tienen los médicos: o nos dejamos sobornar por Farmaindustria, o nos dejamos comprar por la Administración, o prescribimos medicamentos innecesarios. ¡De pena!'. É todo o que me remite un colega médico fastidiado.


Que Galicia financie todos os principios activos, de acordo ao prezo menor establecido polo Ministerio de Sanidade no Nomenclátor, ademais dos posibles excepcións derivadas de intolerancias, desabastecemento o outras circunstancias, significa para os socialistas ?nesta ocasión hai que dicir para os socialistas, non para o BNG- 'infantilismo lexislativo'.


As falsidades contra o Catálogo de medicamentos, e a solución que dan ?que os médicos deixen de receitar medicamentos superfluos-, son as escusas perfectas para socialistas, polo seu erro de quedar fóra dunha proposta que busca racionalizar o gasto farmacéutico e ser eficientes na prescrición. Posicións desbocadas que conducen a facer oposición, xa non a Xunta, senón aos médicos, demostrando ata que punto están perdidos na actual dirección socialista. ¡En fin!, que o único poder, por enriba de todos os poderes, é o das ideas; pero para qué queren ideas se xa teñen consignas. Vexan como se aproveitan da anécdota para elevala a categoría política sanitaria e de paso sirva para dar solucións..

Te puede interesar