Opinión

¿NOVO ATRANCO CO AVE?

Xa ocorrera tralas eleccións autonómicas do 2009 que, unha vez perdido o bipartito o goberno da Xunta, foi o propio ex presidente Touriño quen tivo que recoñecer que durante anos os proxectos do AVE desde a Meseta a Galicia estiveran 'guardados en el cajón'. Recoñecía o 'engaño masivo'. Recórdese que aquela data do 2009 non foi unha referencia temporal casual, non. Foi, concretamente a da alta Vvelocidade, a principal referencia argumentaria para os socialistas para as eleccións autonómicas 2009. E a partires de aí, co cambio de goberno da Xunta, firma do 'Pacto do Obradoiro', con nova data de chegada no 2015. Se algo podemos presumir todos os galegos, independentemente da cor política, é de lealdade e ausencia de reproches, diante da ocasión falida e o anuncio dun novo prazo.


¿Pero estamos na repetición, unha vez pasadas as municipais 2011? Parece como que se barruntan serios motivos de sospeita:


1) Pois, agora nas municipais, como sucedera nas autonómicas, os socialistas insistiron ata a extenuación na grande oportunidade que se lle abría a Galicia e Ourense ?aquí, ata o alcalde en funcións informou días antes das eleccións que xa non se ía derrubar o edificio da estación, cando antes a intención era contraria-, mentres os populares tiñamos e ¡temos! as nosas fundamentadas reticencias sobre o 2015.


2) Que, unha vez pasadas as municipais, o señor ministro de Fomento comeza por aprazar reunións, solicitadas desde a Xunta coa única e san intención de falar sobre cumprimentos de prazos. ¿Non consiste a política en falar coa xente e coas institucións? A non ser que o señor Blanco nos queira ser revanchista, facéndonos pagar o seu fracaso electoral; pero como este comportamento de pataleta ten corto recorrido, todo parece volver a normalidade coa nova data.


Se existe un compromiso, froito dun pacto bilateral, non parece que a mellor estratexia sexa aprazar segundo capricho a reunión de seguimento. Só cabe a explicación en clave electoralista. ¿Onde está a tolerancia que se lles supón aos socialistas? Non é estrano pois ler o titular de Feijóo en La Región: 'Aplazar la reunión del AVE supone mal presagio'. E abundando máis, despois que o PSOE impedira no Congreso dos Deputados ao Goberno confirmar a existencia da consignación presupostaria para licitacións do AVE a Galicia. ¿Impedir a laboura de control?


Mentres, na Estación Empalme de A Ponte gástanse millóns en intervencións temporais, sen saber que vai ocorrer co edificio. Lealdade institucional non ten nada que ver coa irresponsabilidade para non exercer o control, que as urnas encomendan á oposición. O demais sería consentir que o Goberno central pague con Galicia o seu fracaso electoral. Non estamos para esas cousas, non. Ourense xógase unha grande oportunidade, para o desenvolvemento da propia cidade e toda a provincia.

Te puede interesar