Opinión

Os bodegóns século XXI
de Quintana Martelo

Trátase de Quintana Martelo. Arriba e abaixo, no Centro Cultural, a súa obra se entende, luminosa, nas dúas salas de exposición, ofrecendo nos dous campos visuais a súa percepción. Con un afán de complementariedade non buscada, pois as obras foron xurdindo no tempo dende motivacións e inquedanzas distintas, afinada sempre, dende a súa mirada, os cadros, debuxos e esculturas. No seu estudo de Teo, ao lado de Santiago, pintou e ralizou as que colocou na da planta baixa, elaborándoas por varios anos; e as do primeiro andar, máis recentes, fíxoas en Madrid, o seu novo taller. Quintana e Martelo, maís todo elo non é máis que un camiño pois un, Manuel, é o mestre. Todo conduce a todo, pola canle segreda do ser, cordón umbilical da esencia creadora plástica. É tamén da coherencia da vida.

O artista que chega ata nós por vez primeira é todo un veterano no mundo da arte, logo de ter levado a súa obra a Barcelona en 1970, onde estudou; Tarragona, Reus, Vigo, A Coruña, Pontevedra e a Compostela, terra na que naceu (Roxos, 1946). Madrid, París, Porto, Panamá e Suiza, e tamén La Habana e Nova York. Nesta gran urbe viviu tempadas, logo do seu paso pola docencia do Instituto no Xelmírez, decisión trascendente, fuxida persoal que o centra dende a introspección gañando a arte, e o noso país, un creador apaixonado. Dende o Expresionismo á Abstracción, gusta o artista de Rembrandt, e Lucien Freud, Bacon e Duchamp. Máis é o realismo táctil á súa moda, ou xeito, o que engaiola a todos. En 2007, con sesenta cumpridos, un alto no camiño, con unha dobre exposición en Compostela, a retrospectiva de trinta anos e "Memoria", coa que tomar impulso. Pasado e presente, como escribe Fernández Cid no magnífico texto do espléndido catálogo . Aparece así unha escultura sui xéneris, na que todo, pedestal de madeira e peza broncínea conforman un todo: eis a procura da terceira dimensión. A estratexia de suscitar dous planos, que comezan sendo ángulos (Fron Schindler's list, que coloca no frontispicio de xeito significativo) transfórmase nas obras-díptico, plasmando nun deles o concreto, como nos pratos de atelier, que repite con teimuda parsimonia e placer. O Outro é mais libre. Nel achégase ao abstracto ou informal.

Na planta superior QM reivindícase como un pintor novel cos seus "Containers" de Madrid, que amosa por primeira vez. Velaquí o "urban return" neoiorquino, noutra volta da súa vida. Con un dicir plástico contemporáneo, o artista exhibe músculo pictórico. É unha formidable expresión da forma mental, denda a mirada, poesía da ollada soprendida, bodegóns na rúa que documenta por capas, ou estratos, en papel, logo da fotografía inicial, para o cambio de escala final. Velaquí a mirada do artista, que transforma o mundo. Coa súa prodixiosa man para o debuxo, tema que escolle precisamente para o discurso de entrada na Real Academia Galega de BB.AA. en 2004, cubrindo a vacante de Xavier Pousa, ourensán por matrimonio. Dela é hoxe en día o seu Presidente. Dous anos antes, en 2012, habíanlle dado o Premio da Cultura Galega.

Te puede interesar