Opinión

Cun sosego, nunha boa cadeira

Unha manchea de cadeiras pendura Consuelo Rodríguez Domínguez (1950) nas dúas grandes salas do primeiro espazo expositivo municipal, no territorio de tapeo gastronómico e ocio das rúas dos viños. Alí expón esta artista da vila pontevedresa de Porriño, val do Louro e o Couso, o seu concepto transformador centrado nas cadeiras como seres humanos nas que "las emociones puedan sentirse", deixou dito. "Con mis sillas, trato de reflejar una metáfora sobre la necesidad de reflexión, de adentrarnos en nuestro interior, de silencios rotos por otros motivos del lienzo que invitan a meditar". Así sinalaba Chelo Rguez., a esencia da mostra é a mesma dun "cuarto propio", na sala d’Afundación-Vigo en 2017 dándolle protagonismo ao moble.

Este é pintado aillado, cadeira de sala de estar e butacas de tres prazas de salón, por veces pendurado. Con afán de verosimilitude, engádelle telas de tapicería cosidas, un plus de enriquecemento, co que fala do seu desgaste polo uso... Entre todas as variantes, unha das máis significadas é a cadeira cun zapato de tacón nun espazo baleiro, e a do cartaz, con piso de escaques de xadrez. Este xogo, como o dos bolos e o billar, é outra temática que engade, con algunha natureza morta, de onde o título Diversidade da mostra. Formada na academia de Antonio Valverde, completou a formación con Nito Pereiro, comezando a expor en 2004, deténdose en 2012 en que o fixera no Porriño e Noia, aínda que non deixara de facelo en colectivas, caso de ‘Elas’, que infelizmente non puido verse en Ourense, aínda que si en Xunqueira de Espadanedo con Ehlaba Carballo, Irene Silva, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias e Vanessa Lodeiro, que ilustran o libro que recolle a esencia de importantes mulleres da historia de Galicia. 


SOS Y EGO


Porque ‘Es en el húmedo humus de la humildad y el humor donde la humanidad viene abasteciéndose de la flor imprevista de la esperanza’, escribe o escritor José Lino Vázquez-Monjardín Fernández (1959), en ‘Sos y ego’ de José Monjardín, o seu alter ego artista que emana daquel, e do docente de instituto que é. Nesta confluencia de actividades, e camiños, xorde a exposición e o concepto, unido á súa vis retranqueira na sala Cero do Centro Cultural de Deputación e no luminoso hall de entrada. Aquí se presenta agora ante a sociedade ourensá, aínda que xa Alvarado o tiña seguido en 1991 para louvarlle a súa ‘abstracción paisaxística’. En 2009, asistimos á presentación do seu libro Lecturas para desconfiados, no Ateneo, un libro de vinte e un relatos que aboiou da man de Alfonso Prada/Duen-de-Bux, desaparecido humanista amigo, tan lúcido dende a heterodoxia. O profesor-escritor, Pepe Lino para os amigos, como Manolo Figueiras, quen resalta como fai ‘metáforas do real e do inacadable’ dende o temperamento intenso e torrencial da súa enerxía vitalista. Pintando á auga sobre papel un tema de conciencia con bandas cromáticas horizontais superpostas ao fondo con variacións, que funciona como natureza e corpo, en sintonía con Alberto Pena, terapia Gestalt, keep calm e sentidiño na procura pois do sosego. Zen e Rías Baixas. n

Te puede interesar