Opinión

Agonía do galego

Coma todolos anos, nas vésperas do Día das Letras Galegas aparece o tema recurrente da mala saúde, cada vez pior, da nosa lingua; da perda de falantes, sobor de todo entre a xente nova, e da urxencia de tomar medidas pra voltear a situación. Unha delas, a que propón o presidente da RAG, como fórmula maxistral, é un troco de goberno. É mesmo pra ficar cos óllos a cadros. ¿E non sería máis doado un troco de presidente?

En tempos tiñamos un presidente asturiano. Agora temos un direutor de filoloxía galega e latina, alemán, que, aparte disto, seica leva once anos vivindo en Galicia. Mais, digo eu: Si o presidente que temos é nado en Galicia, onde viviu sempre, e non é quen de atallar o problema, ¿vaino arranxar outro con tan cativa andaina?

Os coñecementos filolóxicos e gramaticales poideron ser esenciales nun debate previo á Normativización e, si esta se fixese bén, pra tutelar o desenrolo armónico da lingua. O problema é que se trabucou a filosofía do tema e agora emprégase pra inventar o idioma e impoñelo, sin respeto ningún polas xentes que sempre o falaron e o conservaron. Eiquí, xustamente, é onde nace o desencontro da xente do común cos gurús da lingoa que nom queren decatarse de que, si a “parcelación” do Latín foi a morte diste, non outra vai a ser a sorte do galego. Haberá que dicir, por enésima vez, que cando as mulleres galegas deixaron de falarlle en galego ós fillos e netos, firmaron a sentenza de morte da súa lingua. Xa denantes nos ensinaron a rezar en castelán.

Te puede interesar