Opinión

A Valedora había marchar xa

A Valedora do Pobo é a Institución nomeada polo Parlamento de Galicia para mirar polos nosos dereitos constitucionais e estatutarios a respecto das vulneracións que poidamos sofrir dende as Administracións autonómica e locais galegas. Velaí a necesidade de que exerza o cargo unha persona independente, prestixiosa e de traxectoria limpa.

O Tribunal Supremo ven de inadmitir o recurso de casación interposto pola Valedora contra da sentenza do noso Tribunal Superior de Xustiza que declarou que actuara arbitrariamente e con desviación de poder (usar das súas competencias para fins distintas das legalmente previstas) no proceso de concorrencia competitiva aberto para prover a praza de Xefa de Administración e Personal da Institución. Xa que logo, está declarado nunha sentenza xa definitiva que Milagros Otero actuou de xeito gravemente ilegal. 

Velaí que o vieiro escollido por Milagros Otero para expresar a súa demisión perante o Parlamento sexa inadmisíbel en termos institucionais porque lle permite continuar en funcións até que o Parlamento a substitúa. Unha decisión que podería adiarse até a vindeira lexislatura, pois que precisa dunha maioria do 60% que o PP non ten. 

Cómpre pois, que o PP se una aos tres grupos da oposición na súa esixencia de que a Valedora marche xa e que a substitúa un dos vicevaledores. Porque o prestixio das nosas Institucións de autogoberno non atura a continuidade nun cargo tan fulcral dunha persoa xudicialmente reprobada.

Te puede interesar