Opinión

Con Blas Cantó

Blas Cantó.
photo_camera Blas Cantó.

Esta noite o plató de “Bamboleo” vai recibir a visita de Blas Cantó, ademais do estupendo grupo ourensán “The Tetas’ Van” que farán unha versión propia do “Mi gran noche” de Raphael, que elas reconverteron nun divertido “Bla Bla Car”.

Chega un Blas Cantó cheo de forza e novas ilusións, cheo de colorido e luz, aquela que lle faltaba a última vez que estivo con nós, xusto antes da cita eurovisiva na que o artista estaba pasando os piores momentos da súa vida, coa perda de seu pai e da súa avoa, referente vital para el en todo momento. Confésolles que naquel programa paseino realmente mal porque o que tiña ao meu carón non era o Blas que eu coñecía doutras ocasións, cheo de vitalidade e ilusión, despois de convencer a propios e estraños de que despois do seu exitoso paso por “Auryn”, a boyband que durante varios anos colleitou éxitos e números 1, con importantes premios como o MTV Europe Music Award, era quen de facerse gañador do programa “Tu cara me suena”, onde ademais de lucir xustamente iso, a súa cara bonita, demostraba que tiña unha voz a proba dos máis grandes, enfrontándose a retos realmente complicados. 

De aí xurde a selección para ir a Eurovisión, nunha edición que ten que suspenderse pola pandemia, aprazando a súa participación paro o seguinte ano con cambio de canción, nuns momentos nos que Blas sofre as perdas familiares mencionadas e que lle afectan psicolóxicamente ata o punto de querer renunciar ao evento e tirar a toalla. Ao final participa cantando o tema “Voy a quedarme”, do que sempre confesa que lle provocaba choros cada vez que a escoitaba. Non quero nin pensar o que lle pasou pola mente o día que a tivo que defender no escenario de Rotterdam nos Países Baixos. El sempre confesou, case pedindo desculpas, que maís que unha participación o que fixo foi unha homenaxe á súa querida avoa.

Pero o lado oscuro xa quedou atrás, recomendádolle iso sí, a todas as persoas que pasan por momentos difíciles na súa vida que se poñan en man de especialistas, porque iso do que antes nunca se falaba, as enfermedades da mente, poden pasar dura factura a quenes as padecen, que son moitísimas persoas que antes non confesaban por vergoña ou por descoñecemento o que lles estaba pasando, e que mesmo lles podía truncar a súa vida. É moi importante que os famoso con gran proxección mediática, como é o caso de Blas ou no seu día de Ruth Lorenzo tamén en Bamboleo, confesen o que teñen pasado e falen alto e claro destas e doutras cousas tan terribles como o acoso escolar que tanto dano fai aos nenos e adolescentes, dano que ás veces é irreparable e leva a situacións tan dramáticas como o suicidio, que moitas familias queren ocultar.

Pero como dixen, hoxe veremos a un Blas Cantó cheo de vida e cor, cantando “El bueno acaba mal”, toda unha declaración de intencións nesta nova etapa do artista murciano, onde o xénero cobra especial importancia á hora de sincerarse, e sen ter que poñer altavoces para falar da súa vida persoal, que é súa e de ninguén máis, si que deixa claro a quen van dirixidas as súas mensaxes. E diso séntese orgulloso e contra vento e marea, ás veces tendo que escoitar opinións contrarias do mundo da industria discográfica, decide que se lle ten que cantar ao seu noivo, pois cántaselle e punto. Cantos rapaces e rapazas armarizados por diferentes causas, entre eles ese pánico a sufrir o maldito “bullying”, llo agradecerán enormenente.

Te puede interesar