Opinión

"Me conoces mascarita"

O primeiro disfraz.
photo_camera O primeiro disfraz.

Este era o berro de guerra do Carnaval alaricano hai xa bastantes anos. E era así porque as leis que teóricamente prohibían disfrazarse coa cara tapada estaban para ser transgredidas, xa que ese e non outro era o obxectivo de todos cantos as desafiaban saíndo á rúa ou ao baile do “Club” con caretas ou con calquera outra cousa que ocultara o rostro. A gracia estaba en meterse con todo o mundo sen ser descuberto para o día seguinte botar unhas risas e tomarlle o pelo. Ao marxe da máis ou menos contrastada tradición dalgún persoeiro propio da Vila nesas datas, para nós todos eran ou “mascaritas” ou “charrúas”, quenes desvalixando armarios, baúles ou faiados atopaban calquera vestimenta para poñerse o mundo por monteira e “dar unha entrada”, que así lle chamaban os maiores cando ían ao baile. Daba igual que fora o pixama de raias de teu pai que os calzóns longos de felpa, que os vestidos negros con enaguas da túa avoa, o caso era travestirse por unha vez ao ano para botar unhas risas e darlle a chanca a todo canto veciño atopabas polo camiño. Iso era antes de que apareceran os bailes no “San Lorenzo” ou na Discoteca “El Mesón”, onde tantas e tantas horas gozamos na nosa xuventude. Aquí xa empezamos a “sofisticarnos” un chisco, e procurabamos dentro das posibilidades, que eran poucas, confeccionar algúns traxes, aínda que houbera que reconverter unhas cortinas esquecidas nalgún lugar da casa para facer delas unha capa de emperador romano. Evidentemente os fillos de modista sempre xogabamos coa ventaxa da axuda de mamá para estes menesteres, e sobre todo os que tivemos a fortuna de ter nais carnavaleiras que desde pequenos nos transmitiron o  amor pola festa dos disfraces, pedíndolle ao “Rizo”, fotógrafo de todo canto acontecemento se producía na comarca en feiras, festas e mercados, que inmortalizara o momento. Conservo esas fotos como ouro en pano.

Tamén conservo moitas outras que xa corresponden a etapa na que Don Emiliano compaxinaba o seu labor de capelán das Clarisas co de ser o fotógrafo oficial de Allariz; e hoxe dándolle un vistazo a algunha destas fotografías pregúntome como foi posible que o meu amigo “Perré” se metera nun traxe de noiva dalgunha amiga con dez tallas menos; ou as que eu aparezo reencarnado no “Tulipán Negro”, sacado dunha desas películas da nenez, na que Alain Delón protagonizaba a un novo “Zorro” ubicado na Francia prerrevolucionaria na que saqueba aos ricos en favor dos pobres.

Pero como xa teño contado nalgunha outra ocasión, nada comparable a aqueles bailes do “Casino” de Allariz, onde domingos e martes de Entroido tiñan lugar os bailes de máscaras máis divertidos que eu recorde na vida; e sempre con esa máxima que dá titulo a este artigo, “Me conoces mascarita”, porque a gracia seguía sendo ir coa cara tapada e comprobar ao cabo da noite, alá contra as seis da madrugada, que estiveras bailando coa túa propia nai, que se cambiara cinco veces de disfraz, e ti de pámpano sen saber quen era.

Desto tamén poderianos contar moito o pediatra ourensán, e amigo da alma, Manuel Sampedro, que nos enganou a toda a pandilla dicindo que estaba canso e non ía sair, para putearnos toda noite cunha simple minisaia e uns imposibles tacóns que aínda hoxe non sei como foi capaz de aguantar tantas horas, mentres a orquestra tocaba por terceira vez o “Pégale

Te puede interesar