Opinión

Motomami de Franco Quintáns

O Motomami de Franco Quintáns.
photo_camera O Motomami de Franco Quintáns.

Non é casualidade o nome da sorpresiva colección que o modisto galego Franco Quintáns vai presentar este martes no Palacio de Santoña madrileño. E digo sorpresiva porque así será esta nova proposta do deseñador de Arousa, ao que recoñecemos polos seus impresionantes traxes de noiva e festa; e moita festa haberá nesta “Motomami”, facendo seu ese eslogan que a cantante Rosalía emprega para a exitosa xira que a está levando  por terras americanas, pisando escenarios que van desde Arxentina ou México ata California ou Nova York, entre moitas outras importantes cidades que lle seguirán permitindo rachar nas listas de Spotify ou Willboard, como así o fará para cando volva para percorrer Europa desde Milán ata Amsterdam ou París. E todo iso co ese sorpresivo “Motomami” que non deixa a ninguén indiferente, despois do éxito acadado co seu “El Mal Querer”, premiado amplamente por crítica e público.

Por iso, no me extrañou demasiado cando Franco Quintáns quixo facer esa chiscadela a Rosalía, a quen admira, con esta proposta que vai presentar en Madrid, sorprendendo a propios e estraños, despois das súas anteriores coleccións de traxes de novia e festa das que quitan o salouco, e que nos fan sentir moi orgullosos desta moda galega especializada onde a modernidade máis rabiosa combina con todo aquelo que inspirou a confección de pezas, onde o tradicional está sempre presente como base para a creación de novas propostas de deseño á hora de elexir un traxe que para moitas mulleres supón o “Momento Modelo Pasarela” máis importante da súa vida, sentíndose como naquel programa da televisión da miña nenez se sentían as elexidas para ser “Reina por un Día”.

Dinos Quintáns que nas súas obras “o clásico convive co moderno, o tradicional co transgresor, sendo a arte loucura, creatividade, arriscarte a innovar, e a non ter medo a equivocarte, saber escoitar a túa voz interior, guiada polo teu corazón para rachar co convencional…” As súas proposta son sempre vestidos únicos ao marxe de modas e seguindo un único patrón: “Ser ti mesma”. Máis claro auga, soamente fai falta entrar na súa páxina de internet e gozar cos todas as imaxes de anteriores coleccións, onde os aires da súa Arousa querida, que o impregna todo, danlle vida aos encaixes de Camariñas, terra que recorda con especial cariño por ter feito alí o seu debut hai xa moitos anos, converténdose nun dos maís importantes embaixadores do encaixe de bolillos dentro e fora das fronteiras ibéricas; combinando os brocados con guipur, as perlas, as organzas, as camelias sempre presentes, o punto como elemento estrela, combinando tecidos novedosos con fiaturas de lamé e flocados…un sinfín de elementos que fan dos traballos de Franco Quintáns algo que se agarda como auga, de outono neste caso, para os entendidos da moda e sobre todo para todas esas mulleres que queren sentirse as auténticas protagonistas no seu día, sen esquecer os impresionanes traxes de cirimonia para as súas acompañantes, madriñas e convidadas que non terán que preocuparse de se no evento aparece un vestido similar, iso nunca ocorrerá. Todo é único e exclusivo. 

E éxclusivo e impactante será este rachante “Motomami” de fluor, do que me informará puntualmente a miña amiga Diana Nogueira, que viaxará á capital para estar co seu querido modisto, con quen conversarei esta noite na Radio Galega.

Te puede interesar