Opinión

Pedaladas

Finais de agosto, e acaba de comezar o Tour de Francia!! Si, asi é, anque poida parecer imposible, e grazas que se pode celebrar, neste estrano 2020, no que parece que estamos a vivir unha película de ciencia ficción. Quen nolo iba poder decir aquel 10 de marzo cando nos desprazabamos ata Portugal para competir na primeira proba de BTT do ano, ilusionados ante unha nova e intensa tempada que nos agardaba; pero non, a partir de ese dia todo cambiou e o mundo semellou paralizarse e tamén o do deporte. Ninguén se podía nin imaxinar que ata os mismísimos Xogos Olimpicos poderían ser suspendidos. E foron.

Estas crisis sanitaria está a supor un duro golpe para o deporte, xa non so o profesional, si non o amater e o escolar.

Neste mes, e no que resta de ano, o ciclismo profesional está a recuperar un mínimo de actividade que vai poder salvar algúns equipos. No mundo amater a actividade competitiva esta paralizada o igual que a Escolar , e non se albisca que en breve se poda retomar. A situación e delicada e haberá que ver como de danado queda este sector cando todo vaia volvendo a normalidade. Cantos clubes, escolas e equipos quedan en disposición de seguir adiante.

A nivel económico, paradóxicamente, o ciclismo , no que se refire a ventas de bicis, está a experimentar un repunte nestes meses, posiblemente debido a que a xente despois do confinamento optou por deportes individuais e exteriores.

A nivel competitivo , sobre todo amater, xa digo, está a sufrir un durisimo varapao. E Escolas e base, a actividade está casi paralizada. Como dato positivo, estamos a ver como nestes días hai nenos e nenas requerindo información para comezar na Escola de Ciclismo.

Agardemos que todo esto remate pronto e que o mundo do ciclismo, e do deporte podan ir voltando a normalidade, antes de que algúns rapazes e rapazas decidan deixalo.

Non nos esquezamos que o sector do Deporte xoga xa non so un papel económico importante na economia dun pais, pola moita xente que directamente ou indirectamente vive del, si non polo positivo que resulta no deselvolvemento e na saude das persoas.

Te puede interesar