Videos Ourense

Xornadas Florenciófilas en Rubiá

O poeta barquense Jorge Moral coordinou a mesa sobre as artes, das Xornadas Florenciófilas, que se desenvolveron o fin de semana. 

O programa deste último acto incluiu as intervencións do productor de cine Domingo Díaz, a dramaturga Raquel Queizás e o músico Ramiro Núñez. 

Despois de que as mesas debate anteriores tivesen como escenario A Rúa, Petín e O Barco, a do domingo foi ubicada no centro de interpretación do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, en Biobra (Rubiá).