UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
ENTREVISTA
César Fernández chegou fai casi tres anos á Deputación para asumir o cargo de asesor de política cultural. Agora pasa a ser parlamentario autonómico polo PP, sustituindo a Marisol Díez, nova delegada da Xunta en Ourense. Combinará o seu traballo en Santiago co de portavoz do PP no Concello de Ribadavia.
Que expectativas leva a Santiago?
Gustaríame, como a calquera que represente á provincia de Ourense, traballar por ela. Para mín é unha etapa nova, un traballo novo, así que terei que chegar alí, e empezar a adaptarme á nova situación. O que está claro é que supón todo un reto que asumo con confianza e moita responsabilidade.
Esperaba verse no Parlamento?
Non o esperaba, colleume de sorpresa. No ano 2012 fun na lista no posto número 12, como un máis, botando unha man e axudando a unha candidatura que eu entendía que tiña que representar á provincia. Agora tócanme esas responsabilidades.
Se antes de maio, puidera elexir entre a alcaldía de Ribadavia ou irse a Santiago, ¿cal sería a aposta?
Teño clarísimo que a miña opción sería a alcaldía de Ribadavia. É mais, poñámonos no hipotético caso de que agora eu fose o alcalde; dende logo non renunciaría á alcaldía para ir ao Parlamento, non me parecería razoable.
Deixa o cargo de asesor cultural, pero como foi a chegada?
Cheguei aquí da man do presidente, Manuel Baltar, xa que él entendía que era necesario centrar esforzos da institución na política cultural e pensou que eu podería facer ese cambio e aportar novedades. Logo foron case tres anos cheos de actividade, consolidando cousas que xa existían e outras novas, algunhas que xa son referencia, como a ICC Week; traballos con escolares, ou as propias dos centros. Crearonse tamén liñas de subvencións coas que eliminamos a imaxe que se tentaba transmitir da entidade de que non empregaba criterios obxetivos para o reparto do diñeiro.
Di que chegou da man do presidente, puido iso suscitar suspicacias sobre a súa valía?
Pois non o sei, a verdade. Cada un é libre de pensar o que queira. Ante quen pensara iso, o único que eu podía facer era responder co meu traballo diario. Esa e a única forma de que a xente poida valorar a túa valía, ou non, nun posto determinado. Agardo que agora que me vou, a imaxe do principio sexa diferente, e que sexa positiva.
Chegou o seu traballo á sociedade?
Hai unha parte importante que se fai de portas para dentro, que leva moito tempo, e que é invisibel, pero penso que o que se fixo de cara ao exterior, si que foi máis visible do que era antes. Visibilizamos máis a actividade cultural da Deputación.
Cre que o seu sucesor será un bo sucesor?
Por suposto. Quen veña estou seguro que o fará moi ben e atenderá a todo o mundo, como o fixen eu. Coñezo pouco a Aurelio Gómez Villar, pero considero que ten capacidade máis que suficiente para desenvolver este labor.
Que reivindicación leva a Santiago dende Ourense?
Primeiro teño que chegar e ver como funciona todo, pero teño claro que represento a esta provincia. Tentarei, dentro do posible, reivindicar todo aquelo que sexa beneficioso para Ourense.
Cal é a maior carencia da provincia?
Creo que un tema sobre o que é importante traballar é o problema demográfico. É necesario centrar os esforzos en tentar cambiar esta situación.
Somos unha provincia ben tratada dende o Goberno galego ou somos a irmá pobre?
Non creo que sexa positivo entrar en ese tipo de comparacións entre provincias. O que lle pido a un goberno é que teña un proxecto de país, e se traballas nesa liña, ninguén se ten que sentir discriminado.
Ante a cita do 20 de decembro, que sensacións ten? Gustarialle ir a Madrid?
Gústame vivir día a día, paso a paso, e nada máis. Creo que é un momento moi importante para o país, porque se está a traballar en consolidar un modelo económico para sair da crise e entrar nunha fase de expansión.
Que lle deu e que lle quitou o posto que deixa?
Deume moitísimas cousas, a posibilidade de coñecer máis a fondo a inquedanza cultural da provincia e permitiume coñecer moita xente. Tamén me deu a posibilidade de contribuir a reforzar a actividade cultural en todos os concellos. Que me quitou?, o que te quitan sempre estas cousas: tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
ESTE VIERNES, ÚLTIMA JORNADA
La huelga médica ya afecta a más de 2.300 ourensanos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Trasalba; na memoria e no horizonte