PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Acaba de gañar o Premio Nacional de Narrativa pola súa novela “As malas mulleres”, coa que recibira tamén o premio Blanco Amor en 2020. O galardón outorgado polo Ministerio de Cultura recae por segundo ano consecutivo nunha obra en galego. Despois de recibilo en 2021 Xesús Fraga por “Virtudes (e misterios)”. Galega de adopción, Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) chegou a Vigo con pouco máis de 25 anos como catedrática no instituto do Calvario. Activista nos movementos feminista e veciñal xa dende o seu desembarco na cidade, aprendeu galego ó mesmo tempo que impartía clases de Ciencias no instituto e levando aos rapaces polas praias para que coñeceran a fauna intermareal. En galego cultiva todos os xéneros: relato, novela, poesía, ensaio, e tamén traduce do inglés dende Lewis Carroll a Harry Potter. A súa extensa obra literaria abrangue dende obras de aventuras (A expedición do Pacífico) a outras marcadas polo seu compromiso político e social como a que acaba de ser galardoada.
COMO FOI O SEU PRIMEIRO CONTACTO DIRECTO CO GALEGO?
Cando cheguei o galego xa non era para min un idioma descoñecido. Lera libros que me regalaran, como por exemplo “Longa noite de pedra”, cando aínda vivía en Madrid. Cheguei a Vigo, a finais de 1973 para dar clases de ciencias naturais no instituto do Calvario e vivín naquel barrio, no que moita xente falaba galego. Empecei a relación co meu compañeiro Ramón López Facal e aí caín nunha familia galeguista nacionalista que falaban galego e mamei o galego. E fun a clases de lingua galega que impartía Francisco Carballo, o cura do BNG. Eran clases clandestinas. En realidade, daquela, todo era clandestino.
E IMPARTÍA AS SÚAS CLASES EN GALEGO?
Empecei pronto a facelo, si. Eu tiña facilidade cos idiomas e tamén a elaborar materiais didácticos en galego para a miña materia que era ciencias naturais. Estaba moi implicada coa innovación educativa. Sacabamos o alumnado da aula e facíamos excursións que resultaban novidosas.
TEÑO ENTENDIDO QUE O NOME DO INSTITUTO, DANIEL CASTELAO, FOI COUSA SÚA, CON FRANCO AÍNDA VIVO. É CERTO?
En 1974. Había que xustificar os vínculos co ensino, cando escollíase a alguén para darlle nome a un instituto e, por sorte había xente no claustro que coñecía ben a biografía de Castelao e sabían que fora profesor de instituto en Pontevedra. E así foi como se logrou. Pensa que no Calvario estaban, por exemplo. Xavier Rodríguez Baixeras, que é un dos maiores poetas da súa xeración, Camilo Gonsar, o grandísimo narrador, que merecería que se lle adicara o Día das Letras Galegas. Tempo máis tarde chegaría Ramiro Fonte. Xente moi interesante, pero tamén no alumnado, con moitos deles mantiven logo relación, mesmo de amizade. Era un centro de moita efervescencia.
NOS ANOS NOVENTA, XA PROFESORA DE DIDÁCTICA DA EDUCACIÓN NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, É CANDO COMEZA A COÑECERSE A SÚA OBRA. NACE AÍ A SÚA FACETA DE ESCRITORA O XA VIÑA DE ANTES?
Eu empecei a escribir moito antes, xa cando estaba estudando na universidade. Daquela escribíamos a man e pasabamos os escritos entre un grupo da facultade aos que nos gustaba escribir. De feito, ó primeiro relato que escribín fíxenlle algúns cambios moito tempo despois e publicouse na Antoloxía do conto galego de medo de Silvia Gaspar, e chámase “Agardando polos morcegos”. Xa estando en Vigo escribín algúns libros de literatura infantil, e publicarase, por exemplo “A formiga coxa”, no ano 1989. E ese mesmo ano publicouse o primeiro texto de ciencias naturais en galego do que era coautora, que nos encargara Luís Mariño, daquela, director de Edicións Xerais. E tamén facía traducións para varias revistas.
PERO A PARTIRES DESA DÉCADA É COMA UNHA EXPLOSIÓN: TRADUCE A LEWIS CARROLL, GAÑA O MERLÍN CON “A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO”...
A tradución de “A caza do carbairán” de Carroll, foi a primeira digamos longa, pois como dixen, xa fixera outras anteriormente. Comecei a traducila no momento que estaba acabando a tese de doutoramento. Foi a primeira vez que merquei un ordenador. Levoume un tempo porque, de feito non era una tradución encargada a fixen porque quixen eu. E antes de rematala aínda escribín “A expedición do Pacífico”. Despois leveilla a Freixanes que estaba de director de Xerais e foi cando se publicou. Era un libro moi divertido e eu paseino moi ben traducíndoo. E logo, ademais, entrou na lista de honra do IBBY.
FALANDO DE PREMIOS, NAQUEL TEMPO A MEIRANDE PARTE DELES OS GAÑABAN AUTORES E VOSTEDE FOI A PRIMEIRA AUTORA EN INICIAR A LISTA DE MULLERES GALARDOADAS.
Por exemplo, nos 2001, fun a primeira muller en gañar o Premio Xerais. E moitos anos despois, en 2017, a primeira tamén en gañar o Raíña Lupa. E no premio nacional de narrativa, que acabo de gañar, tamén fun a primeira narradora galega.
TRADUCIÓN, NARRACIÓN, DIVULGACIÓN CIENTÍFICA, FOI MOI PRECOZ EN CASE QUE TODOS OS XÉNEROS, PERO NA POESÍA, FOI UN ENCONTRO TARDÍO?
Certo. Normalmente, primeiro é a poesía. Eu, achegueime a ela moito despois que, por exemplo, a narrativa. Fixérano con “Catalogo de velenos”, co que gañara o premio Esquío en 1998.
“AS MALAS MULLERES” FALA DUNHA CÁRCERE DE A CORUÑA, DE PERSONAXES GALEGOS MOI CONCRETOS. PRESENTA, MALIA ESE CONTEXTO, UN PROBLEMA UNIVERSAL, QUE CHEGUE A CALQUERA LECTOR?
E certo que é unha historia nun contexto moi concreto, con personaxes como Juana de Vega, Concepción Arenal, hai moito diálogo coa literatura e a poesía galega da época pero están esas cuestións relativas a situación carcelaria das mulleres nesa época, o pensamento de Arenal e creo que aí hai elementos que son moi universales. Parece ser que o xurado valorou ese carácter híbrido.
MOITOS DOS SEUS LIBROS ESTÁN TRADUCIDOS. CANDO ESCRIBE PENSA NESE OUTRO PÚBLICO QUE PODE APARECER FÓRA DE GALICIA?
Eu escribo en galego para o público galego, o que non signifique que os temas non podan interesar fóra de Galicia. Falamos de literatura, porque en traballos científicos de didáctica das ciencias teño máis publicado en inglés que en galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)