PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
CULTURA POPULAR
As aldeas da Limia, ó igual cas de a meirande parte do rural galego, viron a súa poboación resentida durante os anos da emigración, na que moitos veciños decidiron marchar para buscar un futuro mellor. Nocedo de Ribeira é unha destas aldeas, na que os seus veciños resolveron hai uns anos volver recuperar as tradicións que acompañaban a festividade do Corpus.
Durante moitos anos o Corpus Christi foi a celebración grande desta localidade, que segundo contan os maiores, duraba tres días. O propio día é o domingo, no que pola mañá había a misa e a posterior procesión, e logo pola tarde festa veciñal.
Esta gran celebración de tres días pasou a ser a celebración do San Vitoiro, en agosto, aproveitando que a maioría dos emigrados retornaba nestas datas, relegando o Corpus a celebración dun só día, e que cada vez perdeu máis peso.
En Nocedo de Ribeira, tradicionalmente a procesión do Corpus acompañábase con altares e versos, ademais de sabas ou colchas brancas, feitas de liño. Segundo contan os veciños, este día a xente aproveitaba para ensinar as súas mellores pezas, para honrar a celebración. Esta tradición recuperouse o ano pasado, na que as sabas brancas volveron encher a aldea, acompañada das alfombras de flores que dende hai uns anos decidiron facer un grupo de veciñas. Ademais, os veciños colaboran cunha cantidade simbólica para as flores do altar, ademais das ofrendas que lle fan á Virxe ese día.
O altar é responsabilidade de tres familias, ou tres casas como se di, que seguen unha rotación desde hai moitos anos, tantos que nin eles mesmos se lembran. Este elemento ía cambiando de lugar segundo ás familias que lles tocara, aproveitando sempre os lugares máis limpos da aldea.
Estas alfombras deséñanas os veciños, e fanas con flores, pousos de café, flores de xesta e estraloques, para acompañar as sabas e o sabugueiro que se bota no recorrido da procesión. En total, fanse cinco alfombras, catro entre varias veciñas e a xente que se anima a axudar, e outra que a fai dona Fina.
As alfombras colócanse na entrada da Igrexa, enfronte ó tanatorio, no lugar que chaman a Porta da Carreira, e outra diante do altar. Fina coloca a súa no medio da aldea, xa que é a de maior tamaño. Amelia, unha das veciñas, explica que “comezamos o sábado pola mañá apañando as últimas flores, e logo, se fai moita calor, empezamos a montar as alfombras á noitiña”. “Ó día seguinte comezamos ás 05,30 horas da mañá para que estean rematadas”.
Outro dos elementos principais eran os versos que os cativos cantaban na honra da Virxe. A nai de Amelia é unha destas cativas que os cantaron no seu día, e que grazas a ela e outras veciñas, se poden conservar.
Hoxe, os veciños miran a esta celebración con un momento de reunión, e a recuperación destas tradicións como unha posta en valor da súa identidade, que sen querelo axudou a facer unha comunidade unida que desfruta da primeira festa do ano en cos seus.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
ACUERDO DE CONFORMIDAD
Condenado por intentar golpear a un Guardia Civil en Xinzo de Limia: “Te pincho”
CAUSA DESCONOCIDA
Hallada muerta una vecina de Xinzo de Limia de 53 años
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un camión colisiona contra dos vehículos en un accidente en la A-52 en Morgade
Lo último
SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado, 21 de marzo