"Nós foi unha revista que viu a luz nos talleres de La Región en outubro de 1920, durou quince anos, e que deu nome a un movemento cultural. E Nós tamén foi unha editorial que se moveu desde 1927 entre A Coruña e Santiago, e coa que os de Ourense tiveron boa relación a maior parte das veces (...). Pero empecemos polo principio...".
Quen é quen na Xeración Nós, como xurde o movemento, que pasaba en Ourense naquel momento... Unha interesante visión ó redor de Nós en formato podcast.
- Guión: Afonso Vázquez-Monxardín
- Voz: Ramón Blanco