De Ruada entregará o Premio Xavier Prado Lameiro a Aimil Folc

A coral De Ruada actúa na igrexa de Santa Clara de Asís.
photo_camera Imagen de archivo de la coral De Ruada
A entrega do premio é o venres 24 ás 20:00 no Teatro Principal de Ourense

A coral De Ruada outorgará o XII Premio Xavier Prado Lameiro á Asociación Cultural Aimil Folc de Xinzo de Limia. O xurado fallou entregarlle o galardón a este colectivo “polo traballo que, ao longo de máis de vinte anos, leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional”.

Un labor feito mediante a música pero tamén por “tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan”. A entrega será o venres 24 ás 20,00 horas no Teatro Principal de Ourense.

Te puede interesar