VIDA

Lembrando a Otero Pedrayo entre os mozos

A Fundación Otero Pedrayo e a Xunta de Galicia veñen de convocar un novo premio anual dirixido a estudantes de Secundaria e Bacharelato. O Pazo de Trasalba foi o escenario elixido para a presentación do certame, ó que acudiron un grupo de alumnos da zona. O obxecto da convocatoria é para traballos escritos e audiovisuais en galego en torno á figura do escritor da Xeración Nós. 

No acto estiveron representantes das entidades convocantes do galardón, que coincidiron en salientar a importancia de difundir a figura de Otero Pedrayo e o seu legado entre as novas xeracións. O certame ofrece dúas categorías posibles de participación, unha individual e outra en grupo. 

Fotos: Xesús Fariñas

y12
1 / 6

Asistentes e autoridades, nun momento do acto no Pazo de Trasalba.

y5
2 / 6

Andrés, Daniel e Jacobo.

y4
3 / 6

Joel, Eduardo e Hugo.

y3
4 / 6

Raquel e Candela.

y2
5 / 6

Abril e María.

y1
6 / 6

Rodrigo, Alison, Carmen, Mara e María.