VIDA

A Moti baixa o telón da súa 18 edición

Foi o día 27 de decembro cando comezaba a edición número 18 da Mostra de Teatro Infantil de Ourense, Moti, cunha ampla proposta de funcións  para que a cativada o pasase en grande e colla afición a esta arte dende idades temperás.

Foi a compañía Geppetto da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, a encargada de por o broche final coa peza “Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!”.

Tras o peche de telón, a organización mostra a súa satisfacción ao ver que o teatro gusta, e moito, na cidade, de que os pais apostan por levar aos cativos aos diferentes espazos nos que se realizaron as representacións e de que a calidade das compañías escénicas galegas amosan un alto nivel. 

FOTOS: MARTIÑO PINAL

1
1 / 5

Geppetto, Aula de Teatro Universitaria de Ourense pechou a Mostra con “Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!”.

2
2 / 5

Víctor, Edita e Adriel.

3
3 / 5

Víctor, María, Valeria e Sofía.

4
4 / 5

Lucas e Xabier.

5
5 / 5

Martina e Cristina.