Xornal Escolar

Celebrando o Día da Infancia en Cardenal Cisneros

O Día Universal do Neno, que se celebra cada 20 de novembro, ten como obxectivo lembrarlle á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo para chamar a atención sobre a situación dos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar da importancia de traballar día a día polo seu benestar.

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen. E iso é o que quixeron lembrar alumnas e alumnos de Cisneros.

xornalescolar_2411_cisneros_02
1 / 5

En Cisneros implicáronse na celebración desta xornada.

xornalescolar_2411_cisneros_01
2 / 5

Os alumnos fixeron manualidades sobre os dereitos da infancia.

xornalescolar_2411_cisneros_03
3 / 5

En cada pétalo escribiron unha palabra reivindicativa.

xornalescolar_2411_cisneros_04
4 / 5

A xornada fai fincapé nas desiguladades que existen.

xornalescolar_2411_cisneros_06
5 / 5

Tamén prepararon un mural cos seus desexos para tódolos nenos do mundo.