Xornal Escolar

O Condesa de Fenosa axúdalle ó medio ambiente

Hai dous veráns, a comarca de Valdeorras sufriu un dos peores incendios que se recordan. Agora, o alumnado de cuarto e quinto de Primaria do colexio Condesa de Fenosa do Barco participou nunha actividade de Educación Ambiental no monte do Coutado (Viloira). Alí plantaron árbores autóctonas xunto ós axentes ambientais e os bombeiros forestais de Valdeorras. 

As árbores maioritariamente foron aportadas por estes técnicos forestais e algúns castiñeiros procedían dos viveiros de aula creados na época do magosto a partir da actividade denominada “O indulto da castaña”. Este obradoiro de concienciación ambiental completouse cunha charla previa no centro por parte dun axente ambiental que lle transmitiu ao alumnado coñecementos sobre o entorno no que viven.

xornalescolar_0603_condesa_01
1 / 6

Actividade ambiental do colexio Condesa de Fenosa do Barco.

xornalescolar_0603_condesa_02
2 / 6

Actividade ambiental do colexio Condesa de Fenosa do Barco.

xornalescolar_0603_condesa_03
3 / 6

Actividade ambiental do colexio Condesa de Fenosa do Barco.

xornalescolar_0603_condesa_04
4 / 6

Actividade ambiental do colexio Condesa de Fenosa do Barco.

xornalescolar_0603_condesa_05
5 / 6

Actividade ambiental do colexio Condesa de Fenosa do Barco.

xornalescolar_0603_condesa_06
6 / 6

Actividade ambiental do colexio Condesa de Fenosa do Barco.