Xornal Escolar

Galería | A semana Europea de Artesanía de Xinzo de Limia en fotos

O IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia participou na Semana Europea da Artesanía cunha serie de actividades co obxectivo de dar a coñecer diferentes técnicas e materiais da artesanía próxima e da contorna, nas que participaron máis de 170 rapaces e rapazas. Realizáranse oito obradoiros con Julia de la Cal, Agustín Vázquez e María Jesús Labrador. Tiveron ademais dúas exposicións de artesanía no centro; unha sobre a cestería e outra sobre a olería. 

As actividades contaron co apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia e do Concello de Xinzo de Limia. Os departamentos de Debuxo, Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega xunto co Equipo de Dinamización Lingüística organizan este programa de actividades enmarcadas nunha proposta de aprendizaxe baseada en proxectos chamada Refuxios que se está a desenvolver ao longo de todo o curso. 

A través desta proposta achegouse ó alumnado as diferentes técnicas de artesanía vencelladas ao traballo con elementos naturais como fibras vexetais ou barro, co obxectivo de utilizalas para redeseñar e transformar un dos espazos do centro a final de curso. Nos vindeiros meses a rapazada seguirá traballando estas técnicas, por unha banda coa intervención nun espazo verde do centro onde se crearán refuxios para biodiversidade e tamén coa realización de pezas empregando un forno de cerámica propio.

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (17
1 / 12

Embarrandose de coñecemento

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (18
2 / 12

Creando a súa propia vaixela.

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24(13
3 / 12

Manchar as mans e productivo

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (15
4 / 12

Empezando coa cestería

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (20
5 / 12

Poñendose mans a obra

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (19
6 / 12

Artesán principiante

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (8
7 / 12

Aprendendo a facer a artesania tradicional

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (9
8 / 12

Movendo as mans ao ritmo da natureza

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24( 7
9 / 12

A metade da faena

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (6
10 / 12

Natureza, mans e ganas

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (12
11 / 12

Alegres co aprendido

IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia - 24 (2
12 / 12

Choio rematado!