Xornal Escolar

Unha viaxe dende o Filomena Dato ata Canadá

O programa de integración Piale da Xunta de Galicia levou á profesora Patricia Portela do colexio Filomena Dato de Barbadás a pasar un mes en Canadá, onde tivo a oportunidade de mergullarse na súa cultura. Agora, xa de volta na súa terra, aproveitou as clases de inglés que imparte para desenvolver o proxecto Travelling to Canadá. 

Durante varias sesións formativas, os seus alumnos achegáronse ó país norteamericano a través dos seus símbolos, a súa fauna e unha visita guiada moi especial pola cidade de Toronto. Deste xeito, os mozos e mozas do Filomena Dato puideron compartir parte da experiencia da súa profesora dun xeito lúdico.

xornalescolar_0603_filomena_dato_01
1 / 7

Proxecto da cultura de Canadá no Filomena Dato de Barbadás.

xornalescolar_0603_filomena_dato_02
2 / 7

Proxecto da cultura de Canadá no Filomena Dato de Barbadás.

xornalescolar_0603_filomena_dato_03
3 / 7

Proxecto da cultura de Canadá no Filomena Dato de Barbadás.

xornalescolar_0603_filomena_dato_04
4 / 7

Proxecto da cultura de Canadá no Filomena Dato de Barbadás.

xornalescolar_0603_filomena_dato_05
5 / 7

Proxecto da cultura de Canadá no Filomena Dato de Barbadás.

xornalescolar_0603_filomena_dato_06
6 / 7

Proxecto da cultura de Canadá no Filomena Dato de Barbadás.

xornalescolar_0603_filomena_dato_07
7 / 7

Proxecto da cultura de Canadá no Filomena Dato de Barbadás.