Xornal Escolar

Coas enerxías renovadas no CEIP Curros Enríquez

Pasaron algo menos de tres meses dende que os escolares ourensáns despediron o curso. Dende entón, foron semanas de diversión, de viaxes e de anécdotas que agora lles irán contando pouco a pouco ós seus compañeiros, ós que tiñan moitas ganas de volver ver. De feito, é o rencontro cos amigos o momento máis agardado por todos. 

Mentres os alumnos de Educación Secundaria e Bacharelato preparan hoxe as súas mochilas para a volta ás aulas, os máis de 17.000 escolares de Infantil e Primaria levan xa unha semana adaptándose ás novas rutinas, coñecendo ós novos profesores e explorando as novas aulas. Co material xa a punto, nenas e nenos están comezando a organizar os seus temarios e ultimando os detalles do material que precisan para un curso exitoso. Como é habitual, o primeiro foi un día cheo de emocións e nervios, de voltar a programar o espertador e cargar a mochila con ilusión e novos libros e libretas.

É o segundo ano escolar que inician en pandemia coa esperanza posta en que a normalidade sexa a protagonista dos próximos meses. Tanto alumnos como profesores amósanse moi satisfeitos co cumplimento das normas durante o ano pasado, se ben están desexando poder eliminar as máscaras e a distancia social do temario do curso. Coa mirada fixada en poder rematar o curso nas mellores condicións, os colexios ourensáns celebraron a volta ás aulas despois dun verán ben merecido para todas as comunidades educativas. Fotos: Óscar Pinal

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_01
1 / 10

Moi atentos ás explicacións dos profesores.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_03
2 / 10

Este ano, as máscaras volven ter un protagonismo destacado nas caras dos pequenos, que cumpren as normas sanitarias á perfección.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_04
3 / 10

O cambio de curso require novas explicacións.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_05
4 / 10

Os nervios nunca faltan no primeiro día.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_07
5 / 10

O primeiro día tamén se descobren os novos pupitres.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_08
6 / 10

O primeiro día é para tomar contacto coas instruccións do novo curso.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_09
7 / 10

Facer portadas para as libretas é un dos traballos máis populares dos primeiros días de curso e alumnas e alumnos esméranse moito nesta tarefa para ter un material totalmente personalizado.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_14
8 / 10

Hai que concentrarse moito nas novas asignaturas.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_15
9 / 10

Compartindo impresións antes de comezar o curso.

Vuelta_al_cole_curros_enriquez_16
10 / 10

Este ano as medidas sanitarias son moi semellantes ás do pasado ano, se ben os alumnos agardan que vaia voltando a normalidade a medida que avanzan os meses.