A temática das ilustracións foi libre e na mostra de Sandiás pódense contemplar dende bodegóns de flores ata paisaxes mariños, pasando por recreacións do entorno natural do municipio
Preto de 30 mulleres con idades comprendidas entre os 15 e os 70 anos participaron nun obradoiro sobre pintura e restauración promovido e financiado polo Concello de Sandiás. O resultado do seu traballo pódese visitar, en horario de 17,00 horas a 19,00 horas e ata o vindeiro domingo , na Casa da Cultura deste concello limiao.
Manola Traveso, responsable do curso de pintura, sinalou que esta primeira experiencia foi moi positiva e que está previsto que, dende o Concello, repitan a celebración do obradoiro durante este curso académico.
A temática das ilustracións foi libre e na mostra de Sandiás pódense contemplar dende bodegóns de flores ata paisaxes mariños, pasando por recreacións do entorno natural do municipio .
O obradoiro non se cinguiu á arte plástica se non que, as participantes, aprenderon e levaron á práctica conceptos sobre a restauración de mobles. "Moitas das alumnas chegaron con enseres vellos ou en mal estado e sairon con cousiñas novas", engadiu Manola Traveso.