Vilar de Barrio exaltou a pataca con premios na festa tradicional

As patacas máis pesadas e as de aspecto máis ‘raro’ levaron os seus premios na trixesimo terceira edición da festa de exaltación, que se celebrou onte en Vilar de Barrio. Unha banda e unha orquestra animaron a xornada.
A Praza do Toural da localidade de Vilar de Barrio acolleu onte a ‘XXXIII Festa da Pataca’, unha celebración que convoca ós productores deste tubérculo chegados dende toda a comarca da A Limia. A banda de música de Xinzo abriu as actividades cun pasarrúas, mentres os colleiteiros ofrecían os seus productos nun recinto de casetas.

Maís dun milleiro de persoas aproveitou o tempo soleado para achegarse ata a vila e admirar os exemplares máis grandes e aqueles que presentan unha morfoloxía curiosa, que foron pesadas e valoradas por un xurado integrado por representantes dos pro pios agricultores para facer unha escolma e decidir os premios ás mellores, segundo a súa categoría e variedade.

Degustación

A media tarde, o Concello de Vilar de Barrio organizou unha degustación popular, cun menú composto por patacas da Limia acompañadas por polbo, chourizos, churrasco e viño, e que rematou a noite cunha verbea amenizada pola orquestra ‘Superfama’. Os organizadores destacaron a colaboración económica prestada pola Xunta, Deputación provincial de Ourense, as entidades Caixanova, Caixa Galicia e Banco Pastor e a empresa Bodegas Arnoya a este tradicional festexo, ‘co que tentamos promocionar o mellor producto que sae das nosas terras’.


Te puede interesar