Axenda cultural

A evolución dos Jankees Band

agendamartes_result
photo_camera Álvaro Borrajo na sala Malatesta, en Santiago

Influída nos seus inicios pola americana, esta banda ourensá xirou pouco a pouco cara o latino nun camiño no que asoma o primeiro elepé. 

Despois dun descanso "para poder adicarme á Selectividade", explica Álvaro Borrajo, os The Jankees Band volven para ofrecer o que pode que sexa o seu último concerto nunha tempada, porque Borrajo vivirá en Madrid.

"Quédanos a actuación de hoxe en San Marcial (21,30 horas), polo de agora, porque eu marcho estudar Musicoloxía, aínda que cando estea na capital falarei con algún pub e, se veñen os rapaces - Luis Eirís, José Antonio Figueiredo e Andrés Real-,  podemos facer algún concerto". 

A finais do ano pasado comezaron unha campaña de crowdfunding para poder gravar un disco cunha compañía americana. "Non o conseguimos, desde entón estivemos tocando. Fixemos un pequeno tour por Galicia, onde obtivemos o diñeiro para gravar cunha discográfica española, así que previsiblemente sacaremos pronto un elepé con catro temas propios", explica o músico. 

Nun comezo moi influídos polo country, nos últimos meses estiveron experimentando con ritmos latinos. "E mesmo cambiaremos no concerto de esta noite de acústico a un son máis eléctrico, que é onde soamos mellor". Esta cita con  The Jankees Band é unha oportunidade para ver a este grupo que xa actuou nos EEUU. "Queremos que veña moita xente para que se vexa que os grupos ourensáns emerxen e teñen calidade". 

Te puede interesar