Allariz abre hoxe a 7a edición do Nadal Parc

O pavillón de deportes do Instituto de Allariz abrirá hoxe as súas portas para que os máis cativos da vila poidan disfrutar da septima edición do Nacal Parc. As instalacións estarán abertas ata o día 3 de xaneiro e as actividades están dirixidas a nenos de ata 12 anos.

Os pequenos poderán disfrutar a hinchables,zona de xogos, área de novas tecnoloxías e un circuitode seguridade vial, entre outras actividades. O custo da entrada é de tres euros, dous con tarxeta de cidadá, e poderase sacar un bono de 15 euros, que serán oito euros para os que posúan a citada tarxeta cidadá.

A maiores, hoxe sábado, a partir das 20,30 horas, terá lugar la Casa da Cultura da vila a actuación teatral de Mofa e Befa, que porán en escea a obra "Bobas&Galegas". Por outra banda, mañá domingo, día 27 de decembro, terá lugar un concerto da Coral Amigos de Allariz e o Coro Vellos Amigos de Manuel de Dios.

Xa para o día 2 de xaneiro está prevista a actuación da cómica Isabel Risco, así como a do Coro de Mulleres de Allariz e a Rondalla Nova Xeración de Barbadás.

Mentres, nas instalacións da Casa da Mocidade continúan desenvolvéndose ata o próximo día 5 de xaneiro torneos e xogos, para o que amplía o seu horario de luns a sábados de 11,00 a 13,30 horas e de 19,00 a 21,00 horas.

O Fogar dos Maiores foi o outro centro no que o Concello promoveu actividades, xa que entre o 21 e o 23 de decembro acolleu varios obradoiros sobre elaboración de aceite corporal e turrón caseiro, así como de decoración de Nadal, actividades nas que colaboraron as asociacións veciñais de torneiros, Cardanachama e Seoane.



roupa de segunda man

A vila alaricana acollerá entre hoxe sábado e mañá domingo unha nova edición do Mercado de roupa vintage e de segunda mán. Terá lugar no local A Micalla, situado na Praza do Concello. Este mercado foi impulsado por un grupo de persoas da vila que estaban interesadas en intercambiar e compartir o que xa npon se usa, propiciando deste xeito a cultura da reutilización e da reciclaxe. O mercado estará aberto entre las 12,00 e as 22,00 horas.

Te puede interesar