RECICLAR

Allariz instala colectores para recoller aceite de cociña usado

<p></p>
photo_camera No centro da imaxe, o colectos para recoller o aceire usado.

O Concello acaba de colocar seis recipientes en puntos estratéxicos da vila con este cometido

O Concello de Allariz puxo en marcha unha campaña para reforzar a recollida de aceite de cociña usado polos veciños. Nos últimos días comezou a instalar las principais 'illas' de recollida de residuos da vila un novo colector, que será específico para o aceite usado. Os colectores serán de cor verde, cunha inscripción laranxa para indicar que está adicado ó aceite.

Ata o momento esta recollida facíase nos supermercados da vila, que dispoñían duns depósitos, cedidos polo Concello, nos que os veciños deixaban o aceite. Segundo recoñece Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente, estaban funcionando "moi ben" e recollían unha media de mil litros anuais. Sin embargo, o Concello da un paso máis e pretende facilitar aos vecinos novas opcións, para o que colocou seis colectores en puntos estratéxicos da vila, aos que os veciños teñen fácil acceso. Están ubicados nas illas de colectores de: Rúa Ramón Puga co Campo da Barreira; estrada de Xunqueira; rúa da Irmandade, nas proximidades da Praza Modesto Pose; rúa Emilia Pardo Bazán; rúa Camelias con Travesía Alfredo Nan, e por último, na illa da rúa do Piñeiro, situada fronte ao bar da alameda.

Os novos colectores, segundo explica Bernardo Varela, permiten que a xente leve o aceite usado nunha botella de plástico, a deposite nun espazo específico e pulsando unha palanca, a botella cae ao interior. "Tratáse de colectores con doble protección, a proba de accidentes e actos de vandalismo", afirma Bernardo Varela, quen sinala que este é un primeiro paso e se funcionan ben, ampliarase a outros puntos do Concello. Conclúe o concelleiro sinalando que o aceite será retirado por unha empresa especializada e terá "custo cero" para o Concello.

Te puede interesar