Allariz porá en marcha o servizo para o transporte escolar municipal

Interior de un autobús.
photo_camera Interior de un autobús.

O Concello de Allariz vén de anunciar o inicio do servizo de transporte escolar municipal. Un servizo, impulsado polo ente local, que busca facilitar os desprazamentos dos alumnos aos centros educativos. 

Co inicio, a vindeira semana, do curso escolar 2023/2024, o Concello xa ten todo listo para poñer en marcha o transporte escolar, para o que é preciso contar con un mínimo de 22 inscricións. As familias que desexen facer uso deste servizo poderán informarse e inscribirse na Piscina Municipal de Allariz, no número de teléfono 988 42 20 83 ou no correo electrónico [email protected]

Ademais, co inicio do curso escolar, a piscina tamén muda o seu horario, dende o próximo sábado. Abrirá en horario de 07,30 a 13,00 horas e de 16,00 a 22,00 horas de luns a venres, mentres que os sábados, domingos e festivos a piscina estará aberta de 09,00 a 14,00 horas.

Te puede interesar