O Arte de Man reunirá máis dunha vintena de expositores en Allariz

María López e Eva Sampedro mostran o cartel da Feria Arte de Man deste ano.
photo_camera María López e Eva Sampedro mostran o cartel da Feria Arte de Man deste ano.
A feira alaricana celebrarase o vindeiro 10 de setembro no entorno de Santo Estevo, no casco vello

Allariz acolle un ano máis o Mercado de Artesanía, Arte de Man. Máis dunha vintena de artesás, tanto locais coma do resto da comunidade, estarán dando mostra do seu traballo o vindeiro domingo 10 de setembro nas rúas da vila alaricana.

Este ano 2023, Arte de Man volve ao entorno de Santo Estevo dentro do casco histórico de Allariz. A cita, reunirá a artesás galegos/as en horario ininterrompido de 11,00 horas da mañá a 20,00 horas da tarde. 

A feira de Arte de Man ofertará exposición e venda de distintas disciplinas artesás, tradicionais e innovadoras, como son a cerámica, pintura, debuxo, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outras disciplinas artesanais que teñen acollida en anos anteriores en este escaparate dos tfaballos fruto dos vellos oficios tradicionais.

O mercado contará cun completo programa de actividades, xa que os visitantes poderán desfrutar de demostracións ao vivo de como traballar en artes como a cerámica e a pintura.

Por outra banda, durante a xornada dominical, todos aqueles nenos e nenas ou adultos que o queiran, poderán asistir a dous obradoiros, un pola mañá con Lorena de Xogo de Fíos e outro pola tarde de trenzado de palla de centeo. O aforo a estes dous talleres será limitado, polo que só poderán patrticipar os primeiros segundo orde de chegada. 

Ademais durante a xornada de mercado contaremos con música en directo de 17,00 horas ás 20,00 horas, o que fará que achegarse a Allariz sexa un bo plan de domingo.

Durante a presentación da feria Arte de Man, María López, concelleira de Promoción Económica no Concello de Allariz, resaltaba que “a artesanía forma parte da nosa identidade e do noso patrimonio cultural e tamén artístico. Arte de Man é sempre unha oportunidade para por en valor e dar a coñecer aos nosos artesáns e artesás, e diferenciarnos cun produto creado seguindo as pautas tradicionais pero innovando no deseño”, suliñou a edil. 

Te puede interesar