Avinza acolle unha xornada informativa sobre a Carta Europea de Turismo Sostible

A asociación que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Avinza GDR-15, entidade dependente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), convoca a todos os interesados á charla informativa sobre a implantación da Carta Europea de Turismo Sostible.
A actividade, que se sitúa dentro da programación de actividades do proxecto AMBIEMPLÉAte, proxecto de cooperación interterritorial para o fomento da capacitación laboral e a creación de emprego de calidade en espazos rurais de alto valor ambiental pertencentes á Rede Natura 2000, está pensado para os veciños da Bola, Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Rairiz de Veiga, Taboadela, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. A sesión celebrarase o vindeiro venres, 18 de marzo, de 11,00 a 14,00 horas no Fogar do Maior.

A Carta Europea de Turismo Sostible é unha iniciativa da Federación Europarc que ten como objectivo global promover o desenvolvemento do turismo sostible nos espazos naturais protexidos de Europa.

Esta catalogación obriga aos xestores dos espazos naturais protexidos e ás empresas do sector do turismo a definir as súas estratexas de forma participada e con carácter de sostenibilidade (entendida con criterios ecolóxicos, socioculturais e económicos).

Te puede interesar