“Ca crise ven máis xente á casa da mocidade'

A responsable da Casa da Mocidade, Chus Arias.
O Concello de Allariz abría no verán do 2009 a Casa da Mocidade. Unhas instalacións de 600 metros cadrados, cun carácter innovador e modernista, onde os mozos se achegan para xogar, reír e divertirse pero tamén para conversar e debatir sobre a realidade actual.
Como é a Casa da Mocidade?
É un lugar de encontro para a xuventude alaricana que, de xoves a sábado, reúne a mozos entre 13 e 35 anos, aínda que o rango máis activo é o comprendido entre os 13 e os 20. No seu interior atópase un pouco de todo: futbolín, billar, ping-pong e tamén xogos de mesa. Os rapaces veñen a xogar ás cartas e sobre todo á 'PlayStation'. Temos unha sala con varios videoxogos e outra con 21 ordenadores e pásanse moitas horas alí.

Que buscan os usuarios?
Un sitio onde estar, que sexa tranquilo e sano. Aquí teñen unha zona de encontro, onde charlar e divertirse fóra das aulas, ademáis dispoñen dun espazo para comer. Nós non vendemos, pero os rapaces poden traer os seus bocatas, patatas fritas ou bebidas de fóra. Eso si, o alcohol está prohibido no recinto.

Igual que nun bar
Si, pero gratis. Os mozos non pagan nada polo uso das instalacións, e nestes tempos de crisis, eso é algo que valoran moito. As familias sinten os recortes e os rapaces non manexan moito diñeiro, polo que ven a Casa da Mocidade como unha zona onde poden estar pero sin gastar cartos. E este feito repercutiu na afluencia, si antes tíñamos unha media de 15 rapaces ao día, agora son 25.
Para un Concello de 6.000 habitantes, ter abertas unhas instalacións como estas é un luxo...
Si, pero é un servizo moi beneficioso para os rapaces. Porque os recortes chegaron ás familias, e si antes tiñan diñeiro dabondo para darlles os fillos para sair. Agora non.

Como é a vosa relación con eles?
Boa, aínda que é difícil de definir. Intentas ser a súa amiga, pero sin dar moita confianza porque teñen unha idade complicada onde pensan que o saben todo. Eu estou aquí para controlalos, non para cuidalos.

Máis dunha vez haberá feito de confidente...
Tanto non, pero si que é certo que algunhas veces notas que a súa actitude non é a de sempre e lles preguntas. Os escoitas e tratas de apoialos dalgunha maneira. Si a situación é máis complicada, pido axuda a outros departamentos municipales que teñan capacidade de resolver, ao menos axudar, a solventar ditos problemas.

Cal é a opinión dos pais respecto da instalación?
Penso que moi boa. Polo xeral, teñen curiosidade por ver onde van os seus fillos, onde pasan as tardes, e nós lles explicamos o funcionamento do centro e que esto non é unha gardería, senón un lugar de encontro.

Que lles preocupa aos xóvenes?
Depende da idade. Hai quen só fala de deportes e mozas, e outros que ao xuntarse debaten de cousas máis serias como o emprego, as relacións cos pais ou os recortes na Educación. Preocúpanse porque o están vivindo nas súas casas, como non chegan os cartos, que os libros son máis caros,..

Te puede interesar