O campeonato de billarda toma o Campo da Barreira

O Campo da Barreira de Allariz acollerá esta mañá unha nova edición do campeonato de billarda na categoría sénior. O certamen consiste en que, por parellas, os grupos compitan por ver quen chega antes ao varal (ou meta) coa súa billarda. 'Fai anos que vimos desenvolvendo o campeonato de billarda, cunha acollida positiva entre a poboación sobre todo entre a mocidade', apuntaba a concelleira de Cultura, Teresa Devesa, que subliña que o obxectivo municipal é recuperar os xogos tradicionais galegos no marco da Festa da Empanada.
A competición, que arrancará as nove da mañá, xa tivo a súa primeira sesión nas categorías infantil e xuvenil.

Te puede interesar