O programa ofrecerá presentacións, presenza de autores e obradorios

A Festa do libro en galego será do 12 ó 14 de outubro

A praza de Abastos de Allariz, na derradeira feira 'outlet' dedicada á literatura galega. (Foto: MARCOS ATRIO)
Textos de Risco, Celso Emilio o Rosalía de Castro, edicións en galego dos grandes clásicos da literatura europea, así como as últimas novedades literarias traducidas polas editoriais galegas convivirán en Allariz os días 12,13 e 14 de outubro. O motivo, a celebración da segunda edición da Festa do libro Galego que encherá de letras e cultura as antigas dependencias da Praza de Abastos.
As fundacións Vicente Risco e Anselmo Lorenzo e a Aira das Letras de Allariz colaboran na organización do evento literario que durante tres días acollerá presentacións de libros; conferencias con autores como Teresa Moure Pereiro e Miguel Anxo Fernández, así como actividades para os máis cativos. Máis alá da compra-venta de exemplares, dende a organización subliñan a importancia da celebración deste tipo de eventos para a dinamización cultural da vila que, ademáis, nesas datas conta con ampliar o número de visitantes ao coincidir ca ponte do 12 de outubro.

No transcurso da 'Festa do Libro Galego' está previsto que se celebre a entrega dos premios do 'I concurso de micro-relatos'. Unha treintena de persoas participaron durante o verán no certame literario inspirado na lenda do xigante de Magarelos. Dous serán os gañadores desta primeira edición, un elexido por un xurado nomeado pola organización e o segundo polas votacións feitas por internet durante o mes de setembro. Aínda que o nome do seu autor é unha incógnita, a obra premiada polos lectores foi 'O primeiro galego na NBA' con 333 votos.

Por outra banda, dende a Aira das Letras informaban do inicio do novo clube de lectura de inglés que terá o seu primeiro encontro o vindeiro 9 de outubro.

Te puede interesar