ALLARIZ

Proxecto para promover o patrimonio a través do teatro

A praza de Abaixo alaricana acollerá, esta tarde a partir das 20,30 horas, a presentación en sociedade do colectivo coa posta en escena de "A despedida"

Promover a cultura e o patrimonio a través das artes escénicas é o obxectivo da nova Asociación cultural Alonso de Paredes que xurdiu en Allariz. O colectivo, integrado por un grupo de veciñas e veciños, ten como metas contribuír á dinamización dos espazos e institucións patrimoniais, realizar divulgación cultural, asesoramento aos organismos culturais e artísticos, promover o desenvolvemento local a partir dunha mellor xestión dos recursos culturais e turísticos e sensibilizar sobre a riqueza patrimonial co uso das artes escénicas en espazos culturais e turísticos, centros de ensino e asociacións, entre outros.

A praza de Abaixo alaricana acollerá, esta tarde a partir das 20,30 horas, a presentación en sociedade do colectivo coa posta en escena de "A despedida", unha obra de Abraham Herrero Menor inspirada nos alaricanos que nos anos 50 emigraron cara a Euskadi e outros lugares.

Te puede interesar