Os recreos en Baños de Molgas van sobre rodas

739e31d9-feb7-4193-93b8-3d69cad8cdbf (1)
photo_camera Os cativos de Molgas con casco e patinete.
A proposta, que foi calificada como un éxito, complementa ao programa “Aliméntate ben”, pola que o estudantado recibe unha merenda -composta de froita fresca e leite- antes de acudir ao recreo.

A dirección do Colexio de Baños de Molgas adquiriu, con fondos propios, patinetes -cos seus respectivos cascos protectores- para todo o alumnado do centro e tamén bicicletas sen pedais para os máis cativos co obxectivo de formentar a mobilidade activa e a interacción entre os nenos e nenas. Tamén se busca, do mesmo xeito, ter uns patios “máis inclusivos”. 

Dende o centro viñan observando, nos últimos tempos, unha diminución da actividade física entre os seus alumnos que redundaba nuns intres de lecer moi sedentarios: “Ao ir diminuíndo o número de alumnado de cada grupo, as actividades que se levaban a cabo nos recreos esixían menos movemento, estando moitas veces os nenos e nenas sentados en grupo falando ou simplemente paseando polo patio”, din dende a dirección. 

Despois de consultar as preferencias dos cativos, -actualmente o colexio de Baños de Molgas conta con 27 alumnos- decidiuse poñer en marcha esta iniciativa. 

A proposta, que foi calificada como un éxito, complementa ao programa “Aliméntate ben”, pola que o estudantado recibe unha merenda -composta de froita fresca e leite- antes de acudir ao recreo. “Os nenos e nenas están desexando pasar pola aula do material a recoller casco e patinete e aproveitar ao máximo o tempo de recreo con xogos e actividades que implican exercicio”.

Te puede interesar