Recta final al arreglo del firme en la OU-536, que une Ourense y Trives

Maquinaria trabajando en el vial de Espadanedo.
photo_camera Maquinaria trabajando en el vial de Espadanedo.

A Xunta ten previsto rematar hoxe as obras de mellora de firme na ponte sobre a estrada autonómica OU-536, que une Ourense e A Pobra de Trives, no termo municipal de Xunqueira de Espadanedo.

Esa actuación enmárcase nos traballos de rehabilitación do firme iniciados o pasado mes de agosto en cinco estradas autonómicas da provincia de Ourense ao seu paso por 17 concellos ourensáns, ás que se está a destinar un investimento global de máis de 3,6 millóns de euros.

Deste xeito, a través destes traballos deuse resposta aos problemas identificados na ponte, relacionados co mal estado do firme. Concretamente, no caso da estrada OU-536 ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo estase a mellorar o firme nun treito total de 5,5 kilómetros cun investimento de 471.000 euros.

Te puede interesar